Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/11/2014

Aberto o prazo de inscrición nas “II Xornadas da Xuventude Transfronteirizas”

II Xornadas da Xuventude Transfronteirizas Ver máis...

Santiago de Compostela, 06 de novembro de 2014.- A Fundación Galicia Europa colabora cos seus socios do Instituto Portugués da Juventude e do Desporto (IPDJ), da FNAJ, da D.X. de Xuventude e Voluntariado e da CEG, na organización das II Xornadas da Xuventude Transfronteirizas, que terán lugar o 17 e 18 de novembro en Melgaço e en Monçâo (Portugal) respectivamente, ao abeiro do proxecto EMPRENDE, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP).

Estas xornadas van dirixidas a calquera mozo de entre 18 e 30 anos que desexe participar e asistir ás mesmas. Poderán asistir ás dúas xornadas ou poderán inscribirse nunha soa.

A inscrición é gratuíta, sendo a data límite de recepción de solicitudes o 12 de novembro 2014 ou ata cubrir prazas. Os interesados en asistir deberán enviar un correo á Fundación Galicia Europa (santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu) cos seus datos persoais: nome e apelido, dni e idade.

Proxecto EMPRENDE

“Mozos Emprendedores da Eurorrexión”, nome completo desta iniciativa, busca facer deste territorio un espazo atractivo para o asentamento o desenvolvemento de nova actividade económica e empresarial por parte do novos.

Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación de Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

O proxecto EMPRENDE adscríbese ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia-Norte de Portugal, e conta cun orzamento total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER no marco do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convertan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos.

Para obter máis información poderán chamar aos teléfonos: 981 95 70 88/ 981 54 10 10, en horario de 9:00 h. a 14:00 h, ou no e-mail santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante