Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/05/2014

A FGE retransmitirá en “streaming” a xornada formativa sobre a Formación Profesional en Europa

  • Os usuarios interesados poderán ver en directo os contidos do seminario a través da web e a canle en Youtube da FGE

Santiago, 12 de maio.- Debido ao gran interese suscitado pola xornada informativa “Dimensión europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”, que se celebrará este mércores 14 en Santiago de Compostela, a Fundación Galicia Europa dará a posibilidade de seguir a retransmisión da mesma a través da Internet a aquelas persoas que non poidan asistir. O “streaming” estará dispoñible na páxina adicada a este proxecto dentro da web da Fundación, así como na nosa canle de Youtube.


Programa e horarios

A retransmisión da xornada comezará ás 9:15 da mañá, co acto de apertura, e seguirá en directo a sucesión de conferencias e mesas redondas relativas aos tres eixes programáticos: a formación, o emprendemento e a mobilidade.

Formación

09:30 – 10:45 Mesa redonda sobre “Formación e Emprego”.

10:45- 11:15 Obradoiro de emprego: técnicas de selección de persoal, elaboración e presentación de CV, entrevistas de traballo...

Emprendemento

11:45 - 13:00 Mesa redonda sobre a promoción do emprendemento en Galicia e na UE.

13:00 – 14:15 Iniciativas de apoio á creación de empresas en Galicia.

Mobilidade

16:00 – 17:00 Programa Erasmus +

17:00 – 18:00 Outras oportunidades de mobilidade na UE: fontes de información.

18:00 – 19:00 Intercambio de experiencias en programas de mobilidade


“Dimensión europea da Formación Profesional: formación, emprendemento e mobilidade”

Esta xornada informativa, que se celebrará o 14 de maio no CIFP Politécnico de Santiago, está organizada pola Fundación Galicia Europa e a Xunta de Galicia co apoio da Representación da Comisión Europea en España. O seu principal público obxectivo son os profesores e orientadores de Formación Profesional, mais os contidos incluídos tamén serán de interese para estudantes, titulados ou futuros alumnos de FP, así como para todo aquel interesado nas políticas da UE para a Formación Profesional e a mellora do emprego xuvenil.


Máis información


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante