Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/10/2010

A Fundación Galicia Europa convoca 21 bolsas de formación en asuntos europeos para 2011

Santiago, 27 de outubro de 2010. A Fundación Galicia Europa convoca catro liñas de bolsas de formación en asuntos europeos para o próximo ano 2011, de acordo co seu compromiso de mellorar as capacidades e os coñecementos sobre a UE de estudantes e persoal dos membros e asociados do seu Padroado. Na actualidade, xa son máis de 400 as persoas que se beneficiaron desta oportunidade de profundar no proceso de integración europea así como de contribuír á participación galega na construción do espazo europeo.

Na convocatoria 2011 inclúense 7 bolsas de formación destinadas ao seguimento de asuntos relacionados coas institucións comunitarias, as súas políticas e a captación e xestión de proxectos. Para esta modalidade valoraranse especialmente as candidaturas de licenciados en Dereito, Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias Políticas. Das sete prazas, 4 serán para a oficina de Bruxelas e as outras 3 para Santiago.

Xunto a elas, convócanse outras dúas prazas para licenciados en Ciencias da Comunicación (cunha titulación en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade), un para a oficina de Bruxelas e outro para a de Santiago. A súa labor será contribuír á información e difusión das actividades da Fundación Galicia Europa, da Xunta de Galicia e das empresas do sector público no ámbito europeo.

O prazo de solicitude para ambas bolsas remata o mércores 17 de novembro de 2010 e as probas de seleción celebraranse o 25 de novembro ás 10h na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Os requisitos para ser beneficiario destas bolsas esixen ser galego ou nado en Galicia, ou ben acreditar residencia nesta comunidade desde antes do 31 de decembro de 2008; ter un título universitario posterior ao 31 de decembro de 2005; dominar o galego; e expresarse con fluidez en inglés e/ou francés.

 

Estudos de especialización en centros universitarios belgas

Convócanse 3 bolsas para a realización de estudos de especialización sobre a Unión Europea para o curso académico 2011-2012. Os centros no que se cursarán estes estudos son o Colexio de Europa, a Universidade Libre de Bruxelas (ULB), e a Universidade Católica de Lovaina-A Nova (UCL) ou a Universidade Católica de Lovaina (UKL). O prazo para a solicitude destas prazas remata o 28 de febreiro de 2011.

 

Axudas económicas para realizar prácticas en institucións comunitarias

A Fundación financiará vinte mensualidades de 900 euros para a realización de prácticas non remuneradas en institucións comunitarias durante 2011. Concederánse ata un máximo de 5 meses de bolsa a cada beneficiario. As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de novembro de 2011 e as axudas concederanse por orde de recepción, priorizando as solicitudes recibidas antes da realización das prácticas.

 

Bolsas para traballadores das entidades do Padroado

Os profesionais que desenvolven a súa actividade nalgunha das entidades membro e asociadas da Fundación Galicia Europa poderán beneficiarse de 5 bolsas para a realización de estadías de corta duración na oficina de Bruxelas. O prazo finaliza o día 31 de xaneiro de 2011.

A finalidade que se persegue é que contando coa colaboración do persoal da Fundación destinado en Bruxelas e dos contactos que a través deste se poidan establecer coas institucións comunitarias, as persoas seleccionadas profundicen no coñecemento dos temas comunitarios que sexan de interés para as entidades das que dependan.

Forman parte do Padroado da Fundación Galicia Europa a Xunta de Galicia, o Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e as cámaras galegas de comercio, industria e navegación. Ademais, colaboran como entidades asociadas as catro deputacións provinciais galegas.

 

Convocatoria no DOG


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante