Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/06/2021

A Xunta presenta á Secretaría de Estado para a UE as actuacións que Galicia está a poñer en marcha con motivo da conferencia sobre o futuro de Europa

5346F_1622733886_CoFoE_img_.jpg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe co secretario de Estado para a UE e cos responsables autonómicos de asuntos comunitarios para dar a coñecer as iniciativas nas que traballa Galicia
  • Entre as actividades previstas figura unha campaña audiovisual para promover a participación xuvenil ou o acto de difusión da conferencia en Galicia e o Norte de Portugal celebrado o pasado mes de maio
Bruxelas, 2 de xuño de 2021. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nun encontro informal co secretario de Estado para a Unión Europea, Juan González-Barba Pera, para abordar, xunto aos demais responsables autonómicos encargados dos asuntos comunitarios, as actuacións e plans que as comunidades autónomas están a levar a cabo no marco da Conferencia sobre o Futuro de Europa.

Durante esta reunión virtual, o secretario de Estado informou aos representantes autonómicos sobre o estado dos preparativos e o calendario da conferencia, así como sobre as actividades que desde a Secretaria de Estado se están a impulsar neste eido. Ademais, González-Barba quixo trasladar o seu apoio e o seu desexo de que as comunidades españolas desempeñen un papel activo durante a mesma.

Jesús Gamallo expuxo as liñas de actuación que desde a Xunta se están a poñer en marcha con motivo da conferencia, como o acto de difusion da mesma en Galicia e a rexión Norte de Portugal, organizado entre a Fundación Galicia Europa (FGE) e o Instituto Portugués de Deporte e Xuventude (IPDJ) polo Día de Europa, que contou coa participación do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e do secretario de Estado de Deporte e Xuventude, Joâo Paulo Rebelo; ou a campaña audiovisual de información que 12 entidades galegas e portuguesas, entre elas, a FGE, puxeron en marcha a finais de maio, baixo o lema É o teu momento (#ÉotEUmomento), co obxectivo de facer difusión da Conferencia en ambas rexións para animar á participación, sobre todo á mocidade, e con especial énfase na cooperación transfronteiriza. Esta campaña conxunta prevé a publicación dun vídeo promocional cada 15 días para chamar á participación xuvenil da Eurorrexión.

A Conferencia sobre o Futuro de Europa
A Conferencia sobre o Futuro de Europa (CoFoE), é unha iniciativa conxunta do Parlamento, do Consello e da Comisión Europea que ten por obxectivo implicar á cidadanía no deseño das políticas que marcarán o futuro da Unión en relación a temas como o cambio climático, a saúde, a economía, o emprego e a educación.

Para facilitar a participación da cidadanía, a Comisión vén de lanzar a plataforma virtual na que terán lugar os debates que se van desenvolver. Os eventos haberán de ser organizados seguindo unha metodoloxía que permita a tradución das iniciativas e ideas dos participantes en políticas concretas para a Unión.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante