Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/06/2020

Galicia representará ante a Unión Europea ás comunidades autónomas españolas en materia de pesca no vindeiro semestre

5024F_1592928513_image_gallery.jpg
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta tarde por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Pesca presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e da que tamén formaron parte o resto de conselleiras e conselleiros autonómicos do ramo. Neste encontro Cataluña cedeu a Galicia a representación das comunidades autónomas españolas en materia pesqueira ante a Unión Europea durante o segundo semestre deste ano.

Na Conferencia Sectorial de Pesca de hoxe tamén se aprobaron as paradas temporais do Mediterráneo e Golfo de Cádiz, un asunto que non afecta a Galicia, e abordáronse outras cuestións relativas a outras comunidades autónomas e relacionadas co financiamento dentro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante