Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/04/2020

A delegación española do Comité Europeo das Rexións apela a unha respuesta forte e comprometida da Unión Europea

Imaxe do último pleno do CdR celebraod en febreiro Ver máis...
Bruxelas, 7 de abril de 2020. Nunha carta remitida hoxe, os presidentes de CCAA e representantes locais demandan un aumento significativo do orzamento comunitario con fondos adicionais aos xa existentes, ademais dun ambicioso plan de estímulo europeo para ”evitar unha crise sen precedentes dende a Segunda Guerra Mundial”.

Tras recoñecer as múltiples medidas adoptadas pola UE nos últimas días, especialmente as relativas a facilitar dispositivos médicos e equipos de protección, os líderes rexionais e locais españois apelan a encontrar solucións innovadoras a nivel europeo, como a posibilidad de emitir conxuntamente deuda pública, unha opción ata o de agora inexplorada pola UE.

A delegación española lembra nesta misiva dirixida ao presidente do Comité Europeo das Rexións, que os entes subestatais son administracións públicas máis próximos aos cidadáns e, por tanto, os que deben emprender o primeiro esforzo para atender as súas necesidades máis inmediatas. Por isto, resulta ”imprescindible contar con elas á hora de  deseñar e poñer en práctica as políticas máis adecuadas”. 
 
Delegación española do Comité Europeo das Rexións

A asemblea rexional comunitaria componse de 27 delegacións nacionais. A española está composta por 21 membros titulares e outros tantos suplentes. No actual mandato iniciado o pasado mes de febreiro, a delegación está encabezada polo presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara. O membro titular po parte de Galicia é o presidente da Xunta de Galicia, Aberto Núñez Feijóo e o membro supente, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo Aller. 

A Fundación Galicia Europa presta apoio á Xunta de Galicia para a súa participación eficaz no Comité Europeo das Rexións. 
 


Imaxes relacionadas


Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante