Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

20/12/2018

A CRPM reúnese con Barnier cando a Comisión Europea anuncia o plan de continxencias en caso dun Brexit sen acordo

A CRPM reúnese con Barnier .jpg
  • A conselleira do Mar, Rosa Quintana, formou parte da delegación de membros da Conferencia das Rexións Marítimas e Periféricas que onte se reuniron co xefe negociador europeo do  Brexit 
Bruxelas, 20 de decembro de 2018. A Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) e as súas Comisións do Arco Atlántico e Mar do Norte presentaron onte as súas propostas a Michel Barnier, xefe negociador europeo do Brexit, para limitar o impacto prexudicial do  Brexit nas rexións do Atlántico, o Canal e as zonas do Mar do Norte. A conselleira  do Mar, Rosa Quintana, foi a encargada de representar a Galicia e as súas preocupacións, principalmente centradas no posible impacto dunha saída sen acordo no sector pesqueiro. 

Na reunión, que se realizou o mesmo día que a Comisión Europea presentou o seu Plan de acción de continxencia ”Sen acordo”, a delegación destacou a importancia dunha cooperación continua despois do  Brexit entre as rexións do Atlántico, o Canal e as concas do Mar do Norte, así como entre todas as rexións europeas e do Reino Unido.

Xunto a Rosa Quintana acudiron á reunión o presidente da rexión de Bretaña,  Loig  Chesnais- Girard; o líder do Consello de  Cornwall, Adam  Paynter; o ministro rexional de  Flevoland,  Michiel  Rijsberman, o Conselleiro de Østfold, Andreas  Lervik e a secretaria xeral da CPRM, Eleni  Marianou. 

Entre as mensaxes que os líderes das comisións do Arco Atlántico e Mar do Norte trasladaron a Barnier destacan a petición de que se minimicen os obstáculos relacionados co comercio, a liberdade de movemento e o intercambio continuo de investigadores e estudantes e incidiron na necesidade de que o impacto financeiro que se produza nas rexións a causa do  Brexit se vexa compensado na repartición de fondos do novo marco financeiro plurianual. 

Apelouse tamén á importancia da Estratexia Atlántica como un medio para profundar a cooperación  transnacional dentro da conca atlántica, destacando a necesidade de desenvolver estruturas na área do Mar do Norte para a cooperación  multinivel e  transnacional post-Brexit, incluíndo á UE, Noruega e ao Reino Unido.

Os líderes rexionais tamén pediron o desenvolvemento dunha estratexia para a área do Canal que se converterá nunha nova fronteira exterior, pero segue sendo unha área compartida entre o Reino Unido e a UE. 

A Fundación Galicia Europa foi a encargada de realizar todas as xestións necesarias para que Galicia fose partícipe deste encontro de alto nivel.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante