Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/07/2015

O conselleiro de Economía e Industria presenta en Bruxelas a estratexia de Galicia para captar e reter talento investigador

Conde presenta en Bruxelas a estratexia de Galicia para captar e reter talento investigador Ver máis...

  • Conde expón a iniciativa galega ante membros da Comisión, investigadores e membros do Consello Europeo de Investigación
  • A Comisión Europea avala o programa Oportunius
  • Resalta que o programa aliña a Galicia coa política comunitaria de aposta polo talento e a investigación como chaves para abordar os grandes retos de Europa, como a Especialización Intelixente e a implantación da Industria 4.0
  • Destaca que o apoio ao talento investigador é fundamental “para afianzar a recuperación económica e construír un futuro sostible a longo prazo” e avanza que a Xunta está identificando novas fórmulas para reforzar esta estratexia
  • Defende o papel que deben xogar as rexións na innovación europea, complementando as becas do Consello Europeo de Investigación (ERC)
  • David Posada, investigador galego beneficiario de dúas ERC, estivo xunto ao Conselleiro na presentación e puxo en valor o programa, que, defendeu, “marca un cambio de tendencia moi importante de impulso ao talento e á excelencia”, e contribúe a facer de Galicia un lugar atractivo para desenvolver a carreira investigadora

Bruxelas, 1 de xullo de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, recibiu hoxe en Bruxelas o aval da Comisión Europea ao Programa Oportunius, a estratexia de Galicia para captar e reter talento investigador. Conde presentou a iniciativa na sede da Representación Permanente de España ante a Unión Europea, nun acto no que ademais de membros da Comisión, participaron investigadores e membros do Consello Europeo de Investigación. 


Conde resaltou que o programa aliña a Galicia coa política comunitaria de aposta polo talento e a investigación como chave para abordar os grandes retos de Europa, como a implantación da Industria 4.0. “A Unión Europea está volcada en xerar as ideas que marcarán o futuro e Galicia quere xogar un papel protagonista nese reto”, dixo o conselleiro, que defendeu neste senso o papel que deben xogar as rexións na innovación europea, complementando as becas do Consello Europeo de Investigación (ERC) e aliñando as prioridades das súas institucións punteiras coas da Unión. Como piar desa aposta, dixo o conselleiro, a Xunta lanzou o Oportunius, un programa específico para a xeración, retención, recuperación e captación de talento.


O titular de Economía e Industria, que destacou que o apoio ao talento investigador é fundamental “para afianzar a recuperación económica e construír un futuro sostible a longo prazo”, avanzou que a Xunta está identificando novas fórmulas para reforzar esta estratexia e apuntou que o encontro de Bruxelas serve para compartir o programa Oportunius con outros países, aliñando o seu funcionamento “coas diferentes iniciativas que se están a desenvolver por parte da Unión Europea”. Lembrou ademáis os logros acadados ata agora, como a incorporación de Diego Martínez, o mellor físico novo de partículas de Europa, que xa conta cunha Starting Grant do ERC e que, a través de Oportunius, accedeu a un contrato indefinido en Galicia. Un exemplo, dixo Conde, do marco laboral estable ofrecido pola Xunta, que garante ademais a atracción do investimento asociado ás ERC.


David Posada

No proceso de difusión da iniciativa están a ter un peso específico os galegos beneficiarios de ERC, como o profesor de Xenética da Universidade de Vigo David Posada, que acompañou ao conselleiro na presentación de Bruxelas. Posada, que acadou dúas ERC, puxo en valor o programa Oportunius, que, defendeu, contribúe a impulsar a excelencia e a facer de Galicia un lugar atractivo para desenvolver a carreira investigadora. “Este programa marca un cambio de tendencia moi importante de impulso ao talento e á excelencia”, subliñou Posada.

Neste senso, o conselleiro defendeu que “todos sumamos para construír Europa, e o Oportunius, que atende ás prioridades marcadas pola Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, ou RIS3, e que ademais é complementario ao programa europeo Horizonte 2020, é o mellor xeito de que unha rexión xere oportunidades para os investigadores”. Conde salientou o papel deste programa como polo de atracción para dous tipos de investigador: “os gañadores dunha ERC, cos que buscamos atraer a excelencia; e os finalistas de convocatorias ERC, cos que queremos apoiala”.

Cada un deles conta cun itinerario diferenciado. Aos primeiros, aqueles que xa contan cunha ERC, daráselles un marco laboral estable a través dun contrato indefinido por parte do Goberno galego, ao que se sumará un apoio económico adicional supeditado a avaliacións periódicas. O segundo dos itinerarios, fixado para apoiar os finalistas de convocatorias de ERC, permitirá apoiar os investigadores a través de formación, asesoramento, revisión de candidaturas, e apoio económico de forma que se poida presentar con maiores garantías á seguinte convocatoria.


Nos documentos adxuntos pódense consultar as presentacións que se fixeron durante o evento. 


Fonte


 


Imaxes relacionadas


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante