Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/05/2015

Galicia participa un ano máis na xornada de portas abertas das institucións europeas

3494F_1431337808_IMG_1312.JPG

Bruxelas, 11 de maio de 2015.- A Fundación Galicia Europa (FGE) participou un ano máis e en representación de Galicia na 24º edición dos Open Doors Day, a xornada de portas abertas das institucións europeas que pretende achegar o funcionamento destas aos cidadáns co motivo do día de Europa.

O expositor galego estivo ubicado no quinto piso do Comité das Rexións (CdR) xunto a outras corenta rexións e cidades europeas que deron a coñecer nun ambiente festivo as súas características culturais, históricas, gastronómicas e turísticas a todos os visitantes que se achegaron ao CdR para celebrar o día de Europa.

O persoal da Fundación Galicia Europa informou a todo aquel que se achegou ao expositor galego sobre as características históricas, culturais e turísticas de Galicia, destacando o interese dos visitantes polo camiño de Santiago, os centros e vilas históricas e a gastronomía.

Ao estarmos preto da data de celebración do Día das Letras Galegas, o persoal da FGE tamén informou aos visitantes sobre a existencia dunha lingua e unha literatura propias de Galicia, repartindo información sobre distintos autores galegos.

Open Doors Day

Co motivo do día de Europa, as institucións europeas celebran cada ano unha xornada de portas abertas na que invitan a todos os cidadáns a visitar e coñecer de preto o funcionamento das institucións europeas. Nun ambiente lúdico e con actividades para todos os públicos, incluídos os máis pequenos, a capital comunitaria convértese por un día nun festival no que celebrar Europa. 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante