Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/12/2013

A Comisión Europea subvencionará un proxecto da Fundación Galicia Europa destinado aos titulados en Formación Profesional

3064F_1392294872_LogoUE.png
  • O proxecto galego foi elixido dos 15 mellores entre máis dun cento de candidaturas 
  • Haberá varias actos sobre iniciativas da UE en materia de mobilidade, emprego e emprendemento na comunidade educativa, polo que se colaborará con Educación 

Santiago, 10 de decembro de 2013.- A Comisión Europea vai subvencionar un proxecto da Fundación Galicia Europa sobre mobilidade, emprego e emprendemento dirixido aos titulados en Formación Profesional. Foi nunha convocatoria de subvencións na que se elixiron 15 proxectos entre as 116 candidaturas que se presentaron. 

A Fundación, dependente da Vicepresidencia da Xunta, presentou en setembro o proxecto Dimensión europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento no marco do programa de subvencións da Representación da CE en España, destinado a cofinanciar “iniciativas para promover o debate e aumentar a sensibilización acerca das prioridades políticas da UE”. 

O proxecto galego engloba cinco actividades distribuídas nun acto central en Santiago e catro actos descentralizados, un en cada provincia galega. Neles trataranse as políticas e iniciativas da UE en materia de mobilidade, emprego e emprendemento que afecta á comunidade educativa e aos titulados en FP, polo que se colaborará activamente coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa que se coordinará a organización e a realización das actividades.  

Os relatorios e mesas redondas combinarán unha aproximación global ás iniciativas e estratexias da UE nos devanditos ámbitos cun enfoque práctico dos programas e ferramentas que teñen á súa disposición os estudantes e titulados de FP. Farase especial fincapé nas novas estratexias e programas que se implantarán no novo Marco Financeiro Comunitario 2014-2020. O orzamento global do proxecto é de 8.000 euros.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante