Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/10/2011

Galicia participa en Bruxelas na reunión sobre o futuro da industria naval europea

  • A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa e o xerente do clúster del sector naval de Galicia trasladaron a postura galega na reunión
  • O obxectivo da reunión foi intercambiar posicións entre as rexións europeas con intereses no sector e facer partícipes das súas posicións aos representantes da Comisión Europea

Bruxelas, 13 de outubro de 2011.- A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa (FGE) representou á Xunta de Galicia logo da reunión organizada pola Conferencia das Rexións Periféricas e Marítimas de Europa sobre o futuro do sector naval europeo en Bruxelas.

A primeira parte desta reunión tivo por obxectivo que as rexións máis punteiras en materia naval na Unión Europea puideran poñer con común as súas estratexias e identificar ámbitos de interese común de cara ao futuro desta industria.

Na segunda parte da mesma as rexións presentes puideron manter un diálogo directo con representantes de diversas direccións xerais da Comisión Europea. En concreto estiveron presentes representantes dos departamentos responsables da Política Marítima, da Industria e da Competencia.

Por parte doutras rexións europeas participaron representantes de Pays de la Loire, Bretagne, País Vasco, Liguria, Schleswig Holstein, Pomerania Occidental, Sudeste de Finlandia, Sur de Dinamarca, Baixa Saxonia, Bremen, As Marcas e Hamburgo, entre outros.

Reunión de alto nivel sobre o futuro da industria naval

A reunión serviu para tratar a situación actual de dificultade de acceso ao financiamento e outros problemas aos que se enfronta este sector, a pesar de ser clave para a economía de numerosas rexións europeas.

Por outra banda, os participantes tiveron a ocasión de debater sobre o plantexamento actual por parte da Comisión Europea dunha estratexia de Crecemento Azul e de Crecemento Verde para a industria da construción naval así como sobre a metodoloxía a seguir para que as rexións marítimas intenten influír nos obxectivos e nas modalidades de implementación dos futuros marcos políticos europeos neste ámbito.

Sector Naval en Galicia

O sector naval galego ten unha grande importancia na Comunidade Autónoma, non só en termos de emprego e facturación senón tamén pola importancia da concentración da súa actividade en dúas zonas de Galicia: Vigo e Ferrol. Na actualidade o sector naval está integrado por 300 empresas que xeran 14.000 postos de traballo, 10.000 deles directos. O sector naval galego representa el 5% do produto interior bruto na nosa rexión.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante