Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/07/2011

A Fundación Galicia Europa amosa a súa satisfacción pola proposta da Comisión Europea de conceder a partir de 2014 dous terzos da axuda actual para as rexións que abandonarán o obxectivo converxencia

  • Galicia vería, polo tanto, recompensado o traballo realizado nos dous últimos anos a favor da consecución dunha axuda transitoria que permita consolidar o proxecto europeo na nosa rexión

  • A Fundación Galicia Europa foi unha ferramenta esencial na definición da estratexia de defensa dunha axuda transitoria para Galicia

Bruxelas, 1 de xullo de 2011. O pasado mércores 29 de xuño o Presidente da Comisión Europea, Durao Barroso e o Comisario de orzamento, Janusz Lewandowski, presentaron aos medios de comunicación en Bruxelas a proposta lexislativa relativa ao marco financeiro da UE para o período 2014-2020 que leva por título “Un orzamento para Europa 2020”.

A Fundación Galicia Europa acolleu con gran satisfacción a proposta presentada pola Comisión que fai referencia ao futuro marco orzamentario e onde se inclúe, entre outros capítulos, o relativo á Política de Cohesión. Neste punto, proponse a creación dunha nova categoría de rexións en transición onde se situarían as rexións que, como Galicia, abandonarán o obxectivo converxencia a partir de 2014. A proposta da Comisión Europea prevé a creación dunha rede de seguridade que outorgaría unha dotación financeira equivalente a dous terzos da axuda que perciben actualmente esas rexións.

O documento que se presentou vén recompensar a estratexia deseñada desde a FGE en favor da consecución dunha axuda transitoria para Galicia a partir de 2014. Esta axuda enténdese fundamental para non frear os efectos favorables dos proxectos que se realizaron grazas aos fondos comunitarios recibidos durante os últimos anos e baixo o obxectivo converxencia. As visitas a Bruxelas do Presidente da Xunta de Galicia e dos conselleiros de Presidencia e Facenda supuxeron un impulso fundamental ás demandas expostas por Galicia. A este respecto, nos encontros mantidos con diferentes representantes das institucións europeas expresouse a demanda de que as rexións como Galicia recibisen dous terzos da axuda actual.

A estratexia de defensa desta axuda transitoria iniciouse hai máis de dous anos cando a Fundación Galicia Europa lanzou a iniciativa CROWC (Convergence Regions on the way to cohesión) na que se inclúen as 18 rexións que sairán do obxectivo converxencia a partir de 2014. A FGE identificou e coordinou os argumentos defendidos por CROWC no marco do importante debate sobre o futuro orzamento da UE.

Esta proposta agora presentada polo Presidente da Comisión Europea, Durao Barroso supón un punto de partida moi importante para a definitiva aprobación do orzamento comunitario que se prevé para o ano 2012. O documento será agora transmitido ao Consello e ao Parlamento Europeo para que fagan as súas observacións e adopten o texto final de modo consensuado.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante