Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/02/2011

Rosa Quintana avoga pola definición europea do concepto de pesca artesanal e marisqueo como clave para a economía das zonas costeiras

  • A conselleira do Mar participou en Bruxelas na mesa redonda organizada pola Fundación Galicia Europa: Un réxime específico para a pesca artesanal e o marisqueo na UE

  • Defendeu que o nexo entre estas actividades e o entorno socioeconómico fan delas “un motor perfecto” para xerar cambios de orientación adaptados ao futuro de Galicia

  • Quintana reuniuse tamén coa comisaria europea de Pesca e Asuntos Marítimos, Maria Damanaki, a quen lle trasladou a situación crítica que pode atravesar a frota do litoral se non se modifican os TAC (totales admisibles de capturas)

 

Bruxelas, 8 de febreiro de 2011. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, avoga pola definición e recoñecemento europeo do concepto de pesca artesanal e marisqueo como clave para a economía das zonas costeiras. Este é un dos aspectos nos que incide a proposta galega ante a reforma da Política Pesqueira Común e que hoxe foi defendido pola conselleira nunha mesa redonda celebrada en Bruxelas, onde dixo que o nexo entre estas actividades e o entorno socioeconómico fan delas “un motor perfecto para xerar cambios de orientación adaptados ao futuro do noso pobo”.

A conselleira foi a encargada de abrir esta mesa organizada pola Fundación Galicia Europa, en colaboración coa Consellería do Mar, na que tamén participou expoñendo os argumentos para que a futura PPC recolla un marco diferenciado para a pesca artesanal e o marisqueo. Neste sentido definiu o marisqueo e a pesca de baixura como “eixo fundamental” na actividade económica e no dinamismo social ligado ao mar. Esta ligazón, segundo fixo fincapé, é a que “xera a necesidade de diferenciación”, xa que poden asegurar un futuro de sostibilidade ambiental, económica e social nas sociedades costeiras.

No transcurso da súa intervención na mesa, a conselleira espuxo as vías para o axeitado recoñecemento da especificidade destas actividades na nova PPC, entre elas, o financiamento especial e específico para o marisqueo e a pesca de baixura e a aplicaci’on dunha toma de decisións descentralizado. A titular de Mar amosou unha vez máis a importancia de que Galicia contribúa e amose “a súa interpretación” das claves da reforma da PPC, xa que segundo incidiu “Galicia é mar porque posúe exemplos da práctica totalidade das actividades vinculadas ao océano”. Ademais recordou que a proposta de Galicia é “un documento de todos”, froito das aportacións do sector, da administración e dos partidos políticos.

A mesa estivo moderada pola presidenta da comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga, e nela tamén participaron a directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, Lowri Evans, o presidente da Federación Galega de Confrarías, Benito González e unha representante do sector do marisqueo.

Encontro con Maria Damanaki

Título de la foto
Rosa Quintana e Maria Damanaki (dereita) durante a reunión

A conselleira do Mar tamén se reuniu coa comisaria europea dePesca e Asuntos Marítimos, Maria Damanaki, a quen lle trasladou o descontento do sector da pesca de litoral –especialmente do arrastre- e da Administración galega ante o descenso xeralizado dos TAC e cotas para 2011. Este sector, incidiu, agrupa en Galicia máis do 65% das principais frotas afectadas por estas cotas dentro do conxunto de España. Rosa Quintana pediu a María Damanaki máis axilidade nas xestións para paliar a situación da frota de arrastre de litoral, ante a baixada dun 93% na cota da bacaladilla e o descenso na cota doutras especies como a cabala e o xurel.

Así mesmo, Quintana espuxolle é Comisaria a intención da Xunta de recurrir o regramento europeo polo que se establece o cambio do método de detección de biotoxinas de bioensaio polo químico e solicitoulle que se redefinan os criterios para que as grandes empresas poidan acceder a axudas para a promoción da acuicultura ao abeiro dos fondos FEP.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante