Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/02/2011

O director xeral de Exteriores e coa UE reclama en Bruxelas unha rede de seguridade para garantir un apoio financeiro substancial para Galicia despois de 2013

  • Jesús Gamallo participou no debate sobre o ditame relativo ao 5º Informe de Cohesión no Comité das Rexións europeo en Bruxelas

  • Na súa intervención o director xeral defendeu un apoio preferente para as rexións, que coma Galicia, saen por primeira vez do obxectivo converxencia

Bruxelas, 3 de febreiro de 2011. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da comisión de Cohesión Territorial (COTER) no Comité das Rexións europeo en Bruxelas.

Durante a reunión analizáronse e aprobáronse tres proxectos de ditame sobre a política de seguridade viaria da Unión, o futuro dos Fondo Social Europeo a partir do 2013 e o ditame sobre o 5ª Informe de Cohesión.

Neste último ditame, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE defendeu as dúas emendas presentadas por Galicia en relación coa definición da futura da política europea de Cohesión, debate no que Galicia leva traballando intensamente dende hai máis dun ano.

 

Jesús Gamallo, durante a reunión da COTER

Neste sentido, o director xeral propuxo a inclusión dun novo apartado adicado ás rexións que, por primeira vez, abandonen o obxectivo converxencia a partir de 2013, como é o caso de Galicia. O obxectivo é que no próximo periodo financeiro se estableza unha “rede de seguridade” para Galicia que se materializaría nunha axuda transitoria suficiente que permita consolidar os avances realizados nos últimos anos e evitar posibles retrocesos. Así o expuxo o director xeral, quen destacou ante os seus colegas europeos que a demanda do establecemento desta “rede de seguridade” responde á aspiración de Galicia “de garantir que as rexións europeas que saen por primeira vez do antigo obxectivo 1 poidan ter as axudas necesarias para completar o seu proceso de converxencia coa media europea, especialmente na actual situación de crise”.

Doutra banda, tamén se presentou unha emenda ao ditame que busca adecuar o Fondo Social Europeo (FSE) á Estratexia Europa 2020, facendo unha referencia explícita á adaptación das competencias aos traballadores, incluídas as persoas con discapacidade.

A aprobación dos tres proxectos de ditame presentados hoxe está prevista para o próximo Pleno do Comité das Rexións que se celebrará os días 31 de marzo e 1 de abril.

 

Comisión COTER

A comisión de Cohesión Territorial (COTER), é unha das seis comisións de traballo do Comité das Rexións. As súas competencias son a elaboración de proxectos de ditame e resolucións centradas en materias relativas as políticas de cohesión territorial, económica e social: fondos estruturais, turismo, cooperación interrexional e transfronteiriza, ordenación do territorio, política urbana, transportes e redes transeuropeas de transporte.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante