Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/02/2011

Fernández Currás pide en Bruxelas un trato especial transitorio para rexións que como Galicia deixan a converxencia por vez primeira en 2014

  • A conselleira de Facenda reclama que as ‘rexións en transición’ sigan recibindo  o apoio dos fondos estruturais
  • A súa proposta coincide coas principais conclusións do ‘V Informe sobre Política de Cohesión Económica Social e Territorial’
  • Lembra que unha Galicia grazas aos fondos europeos duplicou en 25 anos a renda per cápita

 

Bruxelas, 1 de febreiro de 2011.-  A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás,  defendeu hoxe en Bruxelas (Bélxica) que rexións como Galicia, que abandonarán por primeira vez o obxectivo de converxencia a partir do ano 2014, deben recibir “un trato preferente”, cunha axuda transitoria que lles permita consolidar a saída e incorporarse ao novo escenario europeo.

Fernández Currás, que interpelou na capital comunitaria ao comisario de Política Rexional, Johannes Hahn, no ‘V Foro da Cohesión. Investindo no futuro de Europa: A Contribución da Política de Cohesión á Europa do 2020’, manifestou que esta postura da Comunidade Autónoma Galega coincide coas principais conclusións do V Informe de Cohesión.

Así, sinalou que as ‘rexións en transición’ deben seguir recibindo o apoio dos fondos estruturais para impedir que “unha drástica redución das axudas comunitarias” non só limite o aproveitamento das súas potencialidades no logro dos obxectivos da estratexia Europa 2020, “senón que incluso poña en perigo as inversións que a Unión xa contribuíu a realizar”, argumentou.

V Foro de Cohesion

A titular de Facenda indicou que este trato preferente que se pide desde Galicia ten como finalidade, precisamente, “evitar un shock económico debido a unha diminución repentina de fondos”.

Neste sentido, quixo coñecer a posición que mantén a Comisión Europea sobre o tratamento específico para o grupo de rexións que abandona por primeira vez o obxectivo de converxencia, diante da eventual creación dun obxectivo intermedio para ‘rexións en transición’.

 

 

Plan Estratéxico na liña da Estratexia Europa 2020

A conselleira de Facenda lembrou que para Galicia a política rexional demostrou ser un piar firme da política de cohesión e de crecemento, contribuíndo a que en 25 anos a renda per cápita se duplicase, o que permitirá que a comunidades autónoma abandone en 2014 o Obxectivo Converxencia.

Sesión inaugural do V Foro sobre a Cohesión

Marta Fernández Currás subliñou que Galicia, coa elaboración do Plan Estratéxico 2010-2014. Galicia 2020, desexa agora implicarse plenamente no modelo europeo de crecemento, polo que a estratexia de desenvolvemento rexional orientouse cara ás iniciativas comunitarias e os obxectivos para a política económica e o emprego vinculados á Estratexia Europa 2020.

 

Sesión inaugural do V Foro sobre a Cohesión:


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante