Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/10/2010

Jesús Gamallo reúnese en Bruxelas con tres vicepresidentes de rexións francesas para debater sobre o futuro da Política de Cohesión europea

  • Na reunión debatéronse temas de máxima actualidade como a creación da macrorexión de Rexións do Sur Occidental de Europa (RESOE), o futuro dos fondos de Cohesión e o ditame das AECT
  • O Director Xeral de Relacións Exteriores solicitou o apoio francés ás reivindicacións das rexións que abandonan o obxectivo converxencia a partires de 2014, como é o caso de Galicia, para que se lles conceda unha axuda transitoria
  • Jesús Gamallo tomou boa nota dos proxectos que se están a levar a cabo tanto na rexión de Pirineos-Mediterráneo como na de Alpes-Mediterráneo

Título de la foto
Jesús Gamallo con Jean-Claude Gayssot, Bernard Soulage y otro de los asistentes al encuentro

Bruxelas, 5 de outubro de 2010.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, mantivo esta tarde en Bruxelas un encontro co vicepresidente da rexión Rhône-Alpes e representante da eurorexión Alpes-Mediterráneo, Bernard Soulage, o vicepresidente da rexión Languedoc-Roussillon e presidente de turno da eurorexión Pirineos-Mediterráneo, Jean-Claude Gayssot, e con Gérard Onesta, vicepresidente da rexión Midí-Pyrénees. A reunión xirou entorno ás diferentes iniciativas e políticas que se están a levar a cabo nas rexións respectivas co fin de darlle un pulo á Política Europea de Cohesión e intercambiar iniciativas en marcha.

Este foro tamén serviu de marco para compartir cos representantes franceses os pasos que se están a dar na estratexia Atlántica e, sobre todo, o Director Xeral, explicoulle aos seus interlocutores a nova macrorexión de Rexións do Sur Occidental de Europa (RESOE) integrada por Galicia, Norte de Portugal e Castela e León que se atopa en marcha desde o pasado 17 de setembro. A macrorexión RESOE tamén será obxecto de debate no seminario que terá lugar mañá día 6 no seminario “Unha estratexia integrada para o espazo atlántico: un marco adecuado para avanzar na cooperación marítima?”, que terá lugar en Bruxelas e onde se exporán os obxectivos e proxectos desta nova macrorexión. Neste punto, os representantes das rexións de Pirineos-Mediterráneo e Alpes-Mediterráneo amosáronse especialmente interesados no desenvolvemento desta nova macrorexión de cara a futuras colaboracións.

Os representantes rexionais tamén tiveron ocasión de debater sobre os fondos de cohesión europeos a partir de 2014 e a posibilidade de crear unha axuda transitoria para as rexións que, como no caso de Galicia, abandonan o obxectivo converxencia. Jesús Gamallo pediu o apoio destas rexións francesas para que esta axuda sexa unha realidade, e tendo en conta que eles xa saíron dese obxectivo hai tempo. Así mesmo, o Director Xeral tomou boa nota das estratexias e necesidades das rexións francesas e ofreceulles a máxima colaboración de Galicia.

Finalmente, a reunión centrouse no ditame Feijóo sobre o futuro das Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) que se está a debater no Comité das Rexións. Os señores Soulage, Gayssot e Onesta manifestaron o seu apoio e agradecemento a Galicia polo esforzo e o traballo que está a realizar neste ámbito e pola labor que está a realizar desde hai tempo para explicar o ditame en diferentes foros. O director xeral agradeceu este apoio ao ditame que lles afecta directamente en tanto que representantes de eurorexións europeas.

Á saída do encontro Jesús Gamallo amosouse “moi satisfeito polos resultados obtidos e pola boa sintonía amosada polos representantes franceses cara as necesidades de Galicia”. Así mesmo, o Director Xeral agradeceu aos representantes franceses a ocasión da reunión que serviu para debater temas que están de máxima actualidade na UE e que afectan especialmente ás rexións.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante