Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/06/2010

Jesús Gamallo defende en Xaén a continuidade dos fondos europeos para Galicia

  • O director xeral participou nun encontro europeo sobre a política rexional europea do futuro
  • Gamallo reitera o firme compromiso de Galicia coa cooperación transfronteiriza e interrexional 

Santiago, 25 de xuño de 2010. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Xaén na reunión sobre a política rexional do futuro, organizada en colaboración co Comité das Rexións da Unión Europea (CdR).

Gamallo, que moderou unha mesa redonda sobre a cooperación territorial europea despois de 2013, insistiu na necesidade de defender a concesión dunha axuda transitoria a Galicia para permitir unha aterraxe suave na percepción de fondos da UE. Con isto, evitaríase pór en risco as importantes inversións realizadas durante os últimos anos, así como eventuais retrocesos na economía e no emprego.

O director xeral destacou que “a pesares da súa saída do obxectivo converxencia, as rexións coma Galicia contan, en moitas ocasións, con déficits estruturais que non se reflicten no PIB, polo que a axuda transitoria resulta crucial para poder facer fronte a estes desafíos.”

Na súa intervención, o director xeral fixo fincapé na importancia da cooperación transfronteiriza e interrexional europeos. “Para potenciar esta dimensión territorial da política de cohesión, Europa está a por en marcha novos instrumentos coma as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) ou as macrorexións, e Galicia está en condición de utilizar estas oportunidades. O noso obxectivo é paliar no posible a previsible caída dos fondos europeos despois do 2013.”

Gamallo resaltou tamén, con todo, a boa utilización que Galicia fixo e está a facer dos fondos estruturais e de cohesión. “O obxectivo último de que o noso PIB superase o 75% da media europea xa está conseguido. Agora toca establecer novas metas e aproveitar as oportunidades que Europa ofrece. Neste sentido, debemos asumir un cambio de mentalidade, o que supón pasar dunha economía fortemente subvencionada por fondos europeos, a unha economía capaz de xerar proxectos innovadores e de maior impacto territorial. É dicir, en cooperación con outras rexións”, concluíu oo director xeral.

Nesta reunión estiveron presentes os membros da comisión COTER do Comité das Rexións, así como representantes de varias rexións europeas.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante