Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/10/2019

A Xunta presenta ao Goberno central o proxecto de Lei de acción exterior e cooperación para mellorar a coordinación dos actores implicados

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse co secretario xeral técnico do Ministerio de Asuntos Exteriores, José María Muriel. Fonte: © Xunta de Galicia 2019.jpg
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe co secretario xeral técnico do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José María Muriel.
  • O espírito do proxecto de lei basease na coordinación leal co Goberno central, que amosou o seu respaldo ao texto lexislativo.
  • Ao encontro co representante estatal tamén asistiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.
Madrid, 21 de outubro de 2019. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe en Madrid co secretario xeral técnico do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José María Muriel, para presentarlle o proxecto da Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia que, entre outros obxectivos, busca mellorar a coordinación entre todos os actores implicados. Ao encontro tamén asistiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.

Trátase dun texto pioneiro: Galicia é a segunda comunidade autónoma, despois de Cataluña, que tramita unha lei deste tipo. O seu obxectivo principal é regular a presenza de Galicia no exterior, pero sempre desde a colaboración leal co Goberno central e con toda a actividade que desprega nas embaixadas. Esa vontade de colaboración é a razón da reunión mantida hoxe, durante a que o Goberno do Estado amosou o seu respaldo ao texto e felicitou especialmente a aposta pola coordinación que recolle a norma.

O proxecto de Lei de acción Exterior de Galicia persegue incrementar a proxección de Galicia no exterior e o máximo aproveitamento das súas potencialidades, coordinando aos distintos axentes involucrados.

O novo texto busca regular, entre outros aspectos, a colaboración de Galicia con outros Gobernos, a relación da comunidade autónoma coa Unión Europea, ou as oficinas de Galicia no exterior. Ademais, busca atraer inversión foránea e favorecer o retorno de emigrantes. Cómpre recordar que moitos galegos residen fóra de Galicia, o que require da máxima coordinación, tamén fundamental cando se producen visitas de autoridades doutros países. De aí que resulte tan importante a colaboración entre administracións e, nomeadamente, co Goberno central para garantir unha acción eficaz.

O texto estase elaborando coas máximas garantías de participación e transparencia, incluíndo os trámites obrigados de audiencia pública pero tamén unha interlocución directa con todos os actores e axentes da sociedade civil que quixeron colaborar na súa elaboración. O obxectivo último é acadar un amplo consenso social e político ao redor da acción exterior galega.

Logo de recabar o visto bo do Ministerio, a Lei será informada polo Consello Galego de Acción Exterior (CAEX) e tamén se manterán as últimas reunións cos axentes implicados. A previsión é que a Lei sexa aprobada polo Consello da Xunta antes de que remate o ano, para despois comezar o seu trámite parlamentario.

Fonte: Xunta de Galicia

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante