Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/09/2019

A Xunta de Galicia recibe aos seis beneficiarios das bolsas de formación da Cooperación Galega

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, cos bolseiros das axudas de formación de Cooperación Galega. Fonte: © Xunta de Galicia.jpg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu aos mozos e mozas adxudicatarios das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento.
  • Os bolseiros terán como destinos República Dominicana, Guatemala, o Perú e Mozambique e dous deles tamén estarán na Dirección Xeral en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, recibiu hoxe aos seis beneficiarios das bolsas de formación da Cooperación Galega, seis mozos e mozas. Os bolseiros participaron nunha xornada de formación con persoal técnico da Dirección Xeral antes de partir para os seus destinos en África e América Latina. Na xornada, os novos bolseiros e bolseiras recibiron información sobre os proxectos que se están a financiar e que poderán visitar na súa estadía sobre o terreo.

Catro dos bolseiros incorporaranse proximamente ás Oficinas Técnicas de Cooperación da AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento) na República Dominicana, Guatemala, o Perú e Mozambique; todos eles países prioritarios da Cooperación Galega segundo o establecido no IV Plan director 2018-2021. Os bolseiros restantes realizarán a súa formación na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela.

Durante a xuntanza cos bolseiros, Gamallo destacou a utilidade deste instrumento para facilitar aos bolseiros unha experiencia para familiarizarse cos procedementos e a xestión da cooperación que leva a cabo o Goberno galego, o beneficio que supón para a Administración pública, por ser un investimento que terá un retorno a medio e longo prazo para todo o sistema de cooperación, e pola importancia de reforzar a relación entre a Xunta de Galicia e outras institucións nas que se desenvolven as bolsas.

O principal obxecto da convocatoria de bolsas é o de apoiar a formación de persoal experto en cooperación internacional, coa finalidade de complementar a formación académica con estadías nas unidades de cooperación no exterior dependentes da Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento ou na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Fonte: Xunta de Galicia

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante