Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/01/2020

Conectados Sumamos, networking e formación na presentación de resultados do proxecto LIDERA

4747F_1579261409_presentacion_conectados_sumamos.png O proxecto LIDERA comeza a traballar no ano 2016 ao abeiro do programa Interreg V- A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), co obxectivo de apoiar a mocidade do territorio nos eidos da formación, a capacitación laboral e o emprendemento, co fin de promover a competitividade empresarial e o desenvolvemento económico transfronteirizo.

Durante estes anos, os socios do proxecto investiron os seus esforzos en poñer en coñecemento das novas xeracións as numerosas oportunidades que ofrecen os programas europeos, desenvolvendo tarefas de asesoramento e facilitando o contacto dos seus participantes coas institucións europeas.

Non obstante, a principal virtude de LIDERA é a súa capacidade para reunir unha mocidade apaixonada polos seus territorios, cun interese común polo emprendemento, e plantar neles unha semente que levarán para a casa. Estas experiencias e coñecementos, adquiridos no
eido do proxecto, serven como catalizador para a creación dun tecido de cooperación transfronteirizo. Son as puntadas do fío que une os dous extremos da raia, poñendo en valor os diferentes territorios que lles son berce, ao mesmo tempo que crean una rede de cooperación entre ambas as ribeiras do Miño.

LIDERA apoia a motivación da xuventude para seren axentes e líderes de cambio, ofrecéndolles un espazo no cal compartir as súas experiencias, intercambiar puntos de vista e desenvolver proxectos comúns. Esta conexión de talentos promove o seu propio espírito emprendedore a súa creatividade para desenvolver proxectos de impactolocal, rexional e internacional que transforman o que era fronteiranunha oportunidade.

Merecen tamén unha especial mención os profesionais, expertos e mentores que comparten esta paixón por desenvolver novos proxectos, servindo de apoio durante todo o proceso. As experiencias e proxectos persoais que estes mozos e mozas comparten con nós, nadas no seo de LIDERA e materializadas grazas á colaboración dos seus socios, son proba da fonda pegada deste proxecto nos seus participantes.

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa




Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante