Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/10/2019

A Fundación Galicia Europa participou en Mocidade: Encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia-Norte de Portugal do proxecto LIDERA

4671F_1572263481_evento_lidera.jpg Ver máis...
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2019.  O encontro tivo lugar no Museo Centro Gaias, en Santiago de Compostela, e reuniu a preto de 400 mozos galegos e portugueses.

Esta 11º EMAX: “Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal” tivo como obxectivo promover e estimular a creatividade e o espírito emprendedor da mocidade galega e portuguesa a través dun espazo aberto á participación, ao tempo que fortaleceu os lazos de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, especialmente en temas que melloraran a empregabilidade da xuventude.

A Fundación Galicia Europa, no seu stand, puxo as novas tecnoloxías ao servizo da xuventude emprendedora que, dun xeito participativo, interactuou respondendo ás liñas básica do emprendemento e as nova ideas.

De forma participativa, estivemos a interactuar coa mocidade que pasou polo noso stand. Puxemos a intelixencia artificial ao servizo de LIDERA, informamos, formamos e divertímonos con: 
  • Sorrí se EMPRENDES
  • Sorrí se LIDERAS
  • Sorrí se QUERES EMPRENDER
  • Sorrí se TES IDEAS
Asemade, respondimos as inquedanzas da xuventude sobre os proxectos europeos, as liñas de financiamento europeas e temas diversos no ámbito da Unión Europea.

Proxecto LIDERA
Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento das mozas e mozos do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692,93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Este encontro forma parte da actividade “Emprende” dirixida a aquelas iniciativas, ideas, entidades que desexen iniciar unha nova liña de negocio que conten cun grao de madurez suficiente co obxectivo de apoialas, afianzalas e acompañalas durante a súa posta en marcha. Neste encontro os mozos e mozas poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozos , tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Obteña máis información do proxecto LIDERA aquí.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante