Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/09/2019

Aberto o prazo de inscripción para participar nas xornadas de coaching do proxecto Lidera “Crea o teu camino profesional”

Nestas xornadas de coaching do proxecto Lidera poderán participar mozas e mozos galegos e portugueses entre os 18 e os 30 anos de idade. Fonte: Xunta de Galicia.jpg
  • Poderán participar mozas e mozos galegos e portugueses entre os 18 e os 30 anos de idade.
  • Recibirán apoio orientado a mellorar as oportunidades de emprego, como axuda para a organización e planificación de metas profesionais ou para a elaboración dun currículo e unha carta de presentación.
Santiago, 10 de setembro de 2019. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca unhas xornadas de coaching que se desenvolverán en diferentes Espazos Xove de Galicia ao abeiro do proxecto Lidera entre os meses de setembro e novembro. A iniciativa, que leva por nome Crea o teu camiño profesional, ten como obxectivo apoiar á xente nova no seu itinerario persoal e profesional coa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.

As xornadas están dirixidas a mozas e mozos galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30. O prazo para anotarse xa está aberto e as persoas interesadas poderán facelo ata o día anterior da realización da actividade. A inscrición farase por vía electrónica e tanto o formulario como as datas cos horarios e lugares de celebración das sesións está dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Para a celebración de cada sesión terá que haber un mínimo de catro inscritos e un máximo de 15. A admisión será por orde de inscrición, ata cubrir a totalidade das prazas en cada Espazo Xove, e as persoas solicitantes que resulten seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

Os participantes recibirán apoios orientados a aumentar as súas opcións de entrar no mercado laboral, como axuda na organización e planificación de metas profesionais ou na confección dun currículo e dunha carta de presentación. Tamén analizarán a procura de emprego a través de internet para o que se valorarán aspectos como a imaxe persoal nas redes sociais e nos portais de emprego e emprendemento.

Proxecto LIDERA
Esta actividade enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento das mozas e mozos do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692,93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Obteña máis información do proxecto LIDERA aquí.

Fonte: Xunta de Galicia

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante