Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/11/2017

O vindeiro xoves 9 de novembro terá lugar en Xinzo de Limia a xornada “Intercambio de experiencias-Accións de visibilidade” do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza

Imaxe do curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza organizado pola FGE. © Fundación Galicia Europa
  • Durante esta sesión presencial os alumnos expoñerán as súas accións de visibilidade e participarán nun Design Thinking, entre outras actividades.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017. Como parte do actual Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, o xoves 9 de novembro terá lugar unha sesión presencial na que os alumnos explicarán as accións de visibilidade que levaron a cabo (elevator pitch de máximo 2 minutos por participante) e compartirán os avances nos seus respectivos proxectos, así como cales son os principais desafíos aos que se enfrontan para desenvolvelos (elevator pitch de 3 minutos por participante). A continuación traballarase en equipo con metodoloxías de Design Thinking para idear solucións para tratar de superar os desafíos individuais. Con esta xornada búscase promover un maior grao de colaboración entre os participantes, creando unha rede interactiva e proactiva que profundará no coñecemento de todos os proxectos e iniciativas.


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante