Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/10/2013

O Proxecto Emprende realiza unha xornada de COACHING CREATIVO

Cartel

CREAS? Desexas compartir as túas ideas e darlles un enfoque novo? Ven e fai que o teu futuro negocio sexa unha posibilidade de vida... E se verdadeiramente non tés ningunha idea pero queres un futuro creativo: achégate.

  • A Fundación Galicia Europa, en colaboración co IPDJ e a CEG, organiza este encontro ao abeiro do Proxecto EMPRENDE, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP).

  • Enmarcado na actividade de FORMACIÓN PARA EMPRENDEDORES XUVENÍS, na acción de XORNADAS E PANEIS DE EXPERIENCIAS; basearase en paneis prácticos e interactivos que servirán de estímulo e de emulación para os mozos dos nosos territorios; animarán aos emprendedores a levar a cabo as súas ideas e iniciativas en Galicia-Norte.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013. A experiencia práctica destes anos de traballo no proxecto EMPRENDE marca esta Xornada que pretende fomentar a creación de empresas e a promoción de emprego entre a mocidade de Galicia e do Norte de Portugal.

Os días 23 e 24 de outubro de 2013 realizarase a xornada COACH EMPRENDEDOR en Monçâo. O obxectivo do mesmo é apoiar a creatividade como base de emprendemento; facilitar o empredemento na industria creativa de Galicia e do Norte de Portugal; crear fórmulas de coach empresarial creativo para a mocidade e ensinar ferramentas de coach a través das novas tecnoloxías.

Destinatarios e criterios de selección: o curso vai dirixido a mozas e mozos de 18 a 30 anos con espírito emprendedor e desempregados. Darase prioridade a orde de presentación da inscrición e preferencia aos mozos de zonas limítrofes. A xornada gratuíta cubre aloxamento e manutención do 23 ao 24.

Número de prazas: co fin de que a xornada sexa o máis áxil e útil posible limitarase a 20 (10 galegos e 10 portugueses). Os interesados deberán inscribirse o máis tardar o 16 de outubro. Comunicaráselles persoalmente a recepción da súa inscrición e a resolución definitiva. A asistencia será obrigatoria a toda a xornada e entregarase certificado de asistencia.

Metodoloxía: as sesións serán únicas, didácticas, a través de dinámicas interventivas e holísticas, lonxe da formación clásica e tradicional. Haberá asesores durante toda a xornada que axudarán aos destinatarios naquelas dúbidas tecnolóxicas, empresariais e creativas que lles poidan xurdir.

Para obter máis información poderán chamar aos teléfonos: 981 95 70 88/ 981 54 10 10, en horario de 9:00 h. a 14:00 h, ou no e-mail.

Para realizar as inscricións deberán dirixirse á páxina web www.fundaciongaliciaeuropa.eu, e no e-mail: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Proxecto Emprende
“Mozos Emprendedores da Eurorrexión”, nome completo desta iniciativa, busca facer deste territorio un espazo atractivo para o asentamento o desenvolvemento de nova actividade económica e empresarial por parte dos novos.

Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

O proxecto EMPRENDE adscríbese ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia-Norte de Portugal, e conta cun orzamento total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER no marco do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convirtan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos.


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante