Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/06/2012

O “Gabinete de Iniciativas Xuvenís Emprendedoras Transfronteirizas” nace co obxectivo de apoiar a creación de empresas na Eurorrexión

Título da foto

Santiago, 27 de xuño de 2012. Encadrado no Proxecto Emprende, cuxo obxectivo é apoiar á mocidade emprendedora de Galicia e o Norte de Portugal, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Fundación Galicia Europa e coa Confederación de Empresarios de Galicia, pon en marcha o Gabinete de iniciativas xuvenís emprendedoras transfronteirizas, unha ferramenta que axudará a converter as ideas de negocio dos mozos emprendedores en realidade.

O Gabinete ofrecerá dous tipos de actividades, dunha banda asesorará de xeito presencial aos interesados a través da realización de seminarios sobre Emprendemento na Eurorrexión en diferentes localidades de Galicia. Simultaneamente, prestará asesoramento en liña na seguinte dirección: gabineteiniciativas.ctb@xunta.es

Este gabinete pretende polo tanto prestar un servizo integral que facilite a creación de empresas e a xeración de emprego na Eurorrexión. Así, apoiará á xuventude ao longo de todo o proceso empresarial co obxectivo de:

  • Fomentar o autoemprego como alternativa ao desemprego
  • Potenciar as calidades persoais que debe ter un/unha emprendedor/a
  • Avaliar o seu perfil e o potencial emprendedor
  • Identificar e valorar unha idea empresarial ou oportunidade de negocio
  • Deseñar plans de empresa

Máis información


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante