Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/03/2012

A Fundación Galicia Europa participa no Programa Conecta destinado a fomentar actitudes creativas e emprendedoras entre a xuventude

  • O primeiro encontro territorial organizado no marco do programa terá lugar o vindeiro 24 de marzo en Santiago de Compostela

Santiago, 23 de marzo de 2012. O Proxecto Emprende, liderado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e do que a FGE é socia, pon en marcha o Programa Conecta que buscará unha vez máis apoiar á xuventude galega dende o punto de vista do emprendedurismo.

O Programa Conecta desenvolverase a través de 9 encontros territoriais enfocados ao emprendemento xuvenil, e a través dun último encontro internacional que abranguerá as nove temáticas ou eixos de actuación contempladas no plan, é dicir, a educación, o emprego, a creatividade e o espírito emprendedor, a vivenda, a saúde e o deporte, o voluntariado e a solidariedade, a información xuvenil, a participación e a mobilidade.

O primeiro destes encontros, baixo o lema “Campus Emprende: o poder das ideas”, terá lugar na facultade de Xornalismo da USC en Santiago de Compostela, mañá 24 de marzo de 2012. Ao longo da xornada, a través de diferentes ponencias, debates e actividades prácticas incluídas na axenda do día, tratarase de fomentar o espírito emprendedor, ofrecer oportunidades á xuventude e motivar aos mozos para levar a cabo os seus soños.

Así mesmo, entre os obxectivos prioritarios do Programa Conecta cómpre destacar ó impulso á participación xuvenil; o fomento do asociacionismo xuvenil; a creación de puntos de encontro onde a mocidade poida compartir as súas experiencias; a mellora das canles de comunicación entre as entidades xuvenís e as institucións públicas; o estímulo ao espírito emprendedor como medio de xeración de emprego; a posta en coñecemento de novos nichos de mercado; o aumento do peso da mocidade nas políticas de xuventude; e a consecución da igualdade de oportunidades sen distinción de sexo, clase ou condición.

Máis información sobre o Programa Conecta

Formulario de solicitude para o encontro de Santiago


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante