Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/02/2012

A FGE participa no II Programa de Emplea Talento que promove o achegamento dos mozos e mozas ao mundo directivo

  • Enmarcado no proxecto Emprende, o vindeiro 28 de febreiro desenvolverase o segundo proxecto de Emplea talento no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas – Ourense)
  • O prazo de inscrición estará aberto desde o 9 ata o 24 de febreiro e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición ata completar aforo
Título da foto

Santiago, 10 de febreiro de 2012. O Proxecto Emprende liderado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e do que a Fundación Galicia Europa é socia, pon en marcha o segundo programa de Emplea Talento que ten como obxectivo achegar aos mozos e mozas ao mundo directivo. Este programa pretende unir baixo un mesmo abano a estratexia da administración pública e de diversas empresas para que o talento da xente moza quede dentro da nosa comunidade autónoma. Para tal fin, ofrécese á xuventude do espazo transfronteirizo unha alternativa para detectar oportunidades laborais e promover novos proxectos empresarias.

Emplea talento é un espazo de encontro, coñecemento, información e de formación en habilidades e en relacións; un espazo aberto á embregabilidade de mozos e mozas, así como á creación de oportunidades mediante o intercambio e a posta en común de ideas. Entre outros, os obxectivos principais de Emplea Talento son a posta en contacto da xente nova coa realidade empresarial actual; a mostra das demandas das empresas no momento de selección dos seus profesionais e futuros directivos; a oferta aos mozos e mozas dunha alternativa para poder acadar novas oportunidades laborais; a promoción da participación, do intercambio de ideas e da colaboración entre os mozos e mozas e os directivos; e o fomento do espírito empresarial da xente nova.

Emplea talento inspírase no formato Afterwork, que promove o coñecemento e as relacións de tu a tu, creando un escenario participativo e distendido. A xornada que se iniciará ás 16:45 horas desenvolverase en catro bloques: “Os valores do deporte á hora de emprender”; “Da aula á empresa. Aprender a emprender”; “Os mozos de hoxe, directivos do mañá”; e “Novos tempos, novas habilidades directivas”. Durante unha tarde os mozos participarán en relatorios sobre liderado, talento, valores, traballo en equipo, experiencia, éxitos e fracasos, motivación, innovación, etc. Tamén poderán participar activamente en coloquios con deportistas, nunha mesa redonda con directivos de recursos humanos de distintas empresas, así como formar parte dunha conversa estratéxica con directivos de distintas empresas galegas.

Para finalizar a xornada os asistentes terán a súa disposición o Espazo Ágora, é dicir, un punto de encontro que permitirá as relacións, o intercambio de ideas, a información e o coñecemento a través de diferentes actividades que se desenvolverán de xeito paralelo: un espazo de asesoría para a presentación de currículos e a realización de entrevistas, espazo “Café e talento” para charlar de xeito distendido cos direivos, e un taller de cociña para a mellora das habilidades de traballo en equipo.

O proxecto Emprende

A Fundación Galicia Europa participa no proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP). Este ten como obxectivo principal fomentar a creación de empresas, emprego e autoemprego entre os mozos e mozas, a través da promoción de actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.

Folleto informativo

Formulario de inscripción 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante