Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/06/2013

A Fundación Galicia Europa presenta o proxecto ECO-INNOVA ante os empresarios galegos

  • A Fundación Galicia Europa leva a cabo talleres de sensibilización a fin de dar a coñecer ECO-INNOVA e as políticas da Unión Europea no eido da eco innovación.

  • As xornadas terán lugar en A Coruña o 10 de xuño, e en Pontevedra e Vigo o 12 de xuño



Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013. A Fundación Galicia Europa presentará os vindeiros días 10 e 12 de xuño o proxecto ECO-INNOVA, do que é socia, e as ferramentas que este proxecto pon a disposición dos empresarios para promover a creación de ecosistemas empresariais a través da innovación, así como favorecer a internacionalización das pemes dentro do eido ambiental.

ECO-INNOVA é un Proxecto Europeo Transnacional, aprobado ao abeiro do programa Interreg IV B - Espazo Atlántico 2007-2013 encadrado no eixe 1 “Promover o espírito empresarial a escala transnacional e as redes de innovación” do obxectivo 1.3 “Estimular a conversión e a diversificación económica promovendo o potencial rexional endóxeno”.

No programa ECO-INNOVA participan seis institucións de catro rexións comunitarias: Galicia (España), Norte de Portugal (Portugal), Aquitania (Francia) e Gales (Reino Unido). O proxecto desenvólvese durante o período 2010-2013.

ECO-INNOVA

Unha das principais actividades do proxecto é a creación dun TOOLBOX DE SERVICIOS transnacionais e a facilitación da eco-innovación e do ecoemprendemento. O usuario poderá acceder ás diversas áreas de intervención, onde poderá obter información en relación á estratexia do proxecto, comercialización, traballo en rede, proxectos piloto. Tamén existe un espazo destinado a fomentar o uso das boas prácticas mediante a achega de vídeos e proxectos eco-innovadores financiados pola UE (http://www.ecoinnovatool.eu/).

Esta plataforma desexa subministrar unha maior comprensión por parte das administracións públicas competentes, empresas da plataforma TOOLBOX, facilitando así á súa adhesión a ela. Outra das áreas de importancia é a eco información. Os usuarios poderán acceder a novas, novidades tecnolóxicas, lexislación e ligazóns de interese.

Salienta tamén o uso da ferramenta como punto de confluencia entre empresas, emprendedores e profesionais que teñan como perspectiva laboral a eco innovación. As novas ideas e proxectos poderán ser expostas na ferramenta, favorecendo mecanismos para a cooperación empresarial e a integración laboral.

TOOLBOX ten tamén unha comunidade de usuarios que facilitará o intercambio de información, experiencias e procura/oferta de emprego, que se pode consultar na páxina web do proxecto (http://www.ecoinnova.info/).

A Fundación Galicia Europa, socia do proxecto ECO-INNOVA, procede a realizar un proceso de testaxe e presentación da plataforma, contando para tal fin con empresas, entidades, profesionais e expertos que poidan ser receptores futuros dos servizos ofrecidos. Así, convócanse a diversas entidades dos sectores agrícola, medio ambiente, innovación, tecnoloxía, turismo, consultoras, expertos en eco innovación e entidades que agrupen a empresarios, profesionais dos sectores do medio ambiente e a innovación.

Ligazóns de interese:

Folleto proxecto ECO-INNOVA

Programa Pontevedra

Programa Vigo

Programa A Coruña


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante