Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/05/2013

Ecoinnova celebra o seu Congreso internacional con representantes institucionais e empresas de España, Portugal, Francia e Reino Unido

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013.- A Fundación Galicia Europa, socia do proxecto ECO-INNOVA, estará presente neste congreso internacional sobre eco-innovación, que se celebrará os próximos dias 14 e 15 de maio en Ourense. Proxectos piloto e especialistas de distintos Estados participan no congreso, onde amosarán as últimas novidades sobre eco-innovación e novas tecnoloxías. Esta actividade reunirá a perto de cen persoas entre representantes institucionais, empresas e participantes a título individual.

O Congreso ten como obxectivo expoñer os resultados do proxecto e os servizos creados, así como presentar o traballo das institucións comunitarias no eido da ecoinnovación, aportando información sobre os recursos e financiamento dispoñibles para as empresas. Presentaranse, ademais, diversas experiencias de pemes que realizan a súa actividade no marco do Espazo Atlántico, á vez que se dan a coñecer ideas e proxectos ecoinnovadores a través do formato brain-spa.

Páxina web do Congreso e formulario de inscrición


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante