Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/04/2013

A Fundación Galicia Europa presentará a TOOLBOX DE SERVIZOS do proxecto ECO INNOVA en Lugo

  • O seminario terá lugar o venres 26 de abril no Palacio de Feiras e Exposicións de Lugo.

  • Os usuarios poderán acceder a través da TOOLBOX a novas, lexislación, novidades tecnolóxicas e ligazóns de interese.

Santiago de Compostela 22 de abril de 2013. A Fundación Galicia Europa, socia do proxecto ECO-INNOVA, organiza este seminario que terá lugar o venres 26 de abril no Palacio de Feiras e Exposicións de Lugo en colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE Lugo) e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo. Convócanse a diversas entidades dos sectores agrícola, medio ambiente, innovación, tecnoloxía, turismo, consultoras, expertos en eco innovación e entidades que agrupen a empresarios, profesionais dos sectores do medio ambiente e a innovación, eidos de actuación estratéxicos no proxecto Eco Innova.

O obxectivo do seminario é o testado e presentación da plataforma TOOLBOX (http://www.ecoinnovatool.eu/)), contando para iso con empresas, entidades, profesionais e expertos que poidan ser receptores futuros dos servizos ofrecidos.

A TOOLBOX DE SERVIZOS transnacionais facilita a eco-innovación e o eco-emprendemento. O usuario poderá acceder a diversas áreas de intervención, onde poderá obter información ao respecto da estratexia do proxecto, comercialización, traballo en rede, proxectos piloto. Tamén existe un espazo destinado a fomentar o uso das boas prácticas mediante a achega de vídeos e proxectos eco-innovadores financiados pola UE.

Esta plataforma desexa subministrar unha maior comprensión por parte das administracións públicas competentes e empresas da plataforma, facilitando así a súa adhesión á esta. Outra das áreas de importancia é a eco información, na que os usuarios poderán acceder a novas, lexislación, novidades tecnolóxicas e ligazóns de interese.

Destaca tamén o uso da ferramenta como punto de confluencia entre empresas, emprendedores e profesionais que teñan como perspectiva laboral a eco innovación. As novas ideas e proxectos poderán ser expostas na ferramenta, facilitando mecanismos para a cooperación empresarial e a integración laboral.

A TOOLBOX ten tamén unha comunidade de usuarios que facilitará o intercambio de información, experiencias e procura/oferta de emprego.

ECO-INNOVA é un Proxecto Europeo Transnacional, aprobado ao abeiro do programa Interreg IV B - Espazo Atlántico 2007-2013 encadrado no eixe 1 “Promover o espírito empresarial a escala transnacional e as redes de innovación” do obxectivo 1.3 “Estimular a conversión e a diversificación económica promovendo o potencial rexional endóxeno”.

No programa ECO-INNOVA participan seis institucións de catro rexións comunitarias: Galicia (España), Norte de Portugal (Portugal), Aquitania (Francia) e Gales (Reino Unido). O proxecto desenvólvese do 2010 ao 2013.

ECO-INNOVA pretende crear ecosistemas empresariais a través da innovación así como favorecer a internacionalización das pemes dentro do marco ambiental.

Páxina web do proxecto ECO-INNOVA

Cartel

Programa


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante