Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/04/2013

A Fundación Galicia Europa favorece a internacionalización das pemes no marco ambiental

  • Esta mañá presentouse a nova plataforma Toolbox de prestación de servizos transnacionais no eido da eco-innovación e do eco-emprendemento

Título de la foto

Santiago, 15 de abril de 2013.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo presentou hoxe a ferramenta Toolbox do proxecto ECOINNOVA, da Fundación Galicia Europa, aos empresarios de Santiago. O obxectivo do proxecto, tal e como destacou Jesús Gamallo é crear unha estrutura trasnacional para informar, promover e promocionar a eco-innovación nas pemes e a creacion de pemes eco-innovadoras no espazo atlántico.

Jesús Gamallo manifestou que ”este proxecto é un bo exemplo da actividade da Fundación Galicia Europa no que se refire á captación de recursos europeos en beneficio dos emprendedores e das actividades das pemes galegas”.

A plataforma Toolbox enmarcase no proxecto Eco-Innova que pretende acometer a creación de ecosistemas empresariais a través da innovación así como favorecer a internacionalización das pemes dentro do marco ambiental. A Toolbox proporcionará servizos transnacionais e de facilitación da eco-innovación e do eco-emprendemento.

Proxecto Eco-Innova

Eco-innova é un Proxecto Europeo Transnacional, aprobado ao abeiro do programa Interreg IV B - Espazo Atlántico 2007-2013 encadrado no eixo 1 “Promover o espírito empresarial a escala transnacional e as redes de innovación” do obxectivo 1.3 “Estimular a conversión e a diversificación económica promovendo o potencial rexional endóxeno”.

No programa Eco-Innova participan seis institucións de catro rexións comunitarias: Galicia (España), Norte de Portugal (Portugal), Aquitania (Francia) e Gales (Reino Unido). O proxecto desenvolverase ata o 2013.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante