10/04/2013
A Fundación Galicia Europa presentará o TOOLBOX DE SERVIZOS do proxecto ECO-INNOVA no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013.- A Fundación Galicia Europa, socia do proxecto ECO-INNOVA, organiza este seminario que se realizará o luns 15 de abril no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago. Están convocadas para participar na actividade diversas entidades dos sectores agrícola, medioambiental, da innovación e tecnolóxico, así como empresas, profesionais e expertos dedicados ao turismo, consultoras e eco-innovación. A súa presenza garante a viabilidade futura da iniciativa ao tratarse dos seus eidos de acción estratéxicos.
O seminario ten como obxectivo facilitar a testaxe e a presentación da plataforma TOOLBOX, unha de las principales actividades desenvolvidas polo proxecto Eco-innova. A través desta aplicación, os usuarios poderán acceder a unha serie de servizos transnacionais e obter información sobre diversas áreas de intervención, estratexia do proxecto, proxectos piloto, etc. Así mesmo, a plataforma ten destinado un espazo a promover o uso de boas prácticas onde se incluirán videos e proxectos eco-innovadores financiados pola UE. (http://www.ecoinnovatool.eu/).
TOOLBOX dotarase tamén dunha comunidade de usuarios para favorecer o intercambio de información, experiencias e procura/oferta de emprego.