Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/11/2012

A Fundación Galicia Europa participa no 13º Foro Europeo da Eco-innovación da Comisión Europea

  • O Foro reuniu en Lisboa a especialistas de diversos ámbitos para identificar os principais retos e oportunidades en materia de investigación, desenvolvemento e innovación á hora de acceder a novos mercados
  • A Fundación foi invitada xunto cos seus socios do proxecto Eco-innova a presentar a plataforma dixital “Toolbox” sobre ecoinnovación

Bruxelas, 27 de novembro 2012.- A Fundación Galicia Europa participou no 13º Foro Europeo da Eco-innovación que se celebrou onte e hoxe en Lisboa baixo o lema “Desenvolvendo novos mercados para a eco-innovación”. Xunto cos seus socios do proxecto Eco-innova, a FGE presentou a nova plataforma dixital “Toolbox” de servizos transnacionais, coa que se pretende facilitar a aplicación, por parte das empresas, de solucións innovadoras que protexan o medio ambiente.

O obxectivo era que os asistentes a este Foro entraran en contacto directo con esta ferramenta a través da cal poderán obter información sobre o proxecto Eco-innova e os seus socios, descubrir iniciativas piloto no eido da eco-innovación, coñecer as últimas novidades tecnolóxicas e consultar enlaces de interese. A plataforma dispón tamén dun espazo destinado a fomentar o uso das boas prácticas mediante a achega de vídeos e proxectos eco-innovadores financiados pola UE e dunha comunidade de usuarios que facilitará o intercambio de información e experiencias, así como a busca de emprego.

Esta ferramenta dixital, desenvolvida na última fase do proxecto, pretende servir como punto de confluencia entre empresas, emprendedores e profesionais que teñan como perspectiva laboral a eco-innovación. As novas ideas e proxectos poderán ser expostas na plataforma, facilitando mecanismos para a cooperación empresarial e a integración laboral.

 

O 13º Foro Europeo da Eco-innovación, organizado pola Comisión Europea, reuniu a especialistas de diversos ámbitos para identificar os principais retos e oportunidades en materia de investigación, desenvolvemento e innovación á hora de acceder a novos mercados. O evento ten como obxectivo promover e apoiar a colaboración internacional no ámbito da eco-innovación.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante