Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/02/2020

Xuventude no mundo 2020

xuventude_no_mundo_fonte_xuventudepuntonet.jpg
O prazo de inscrición remata o luns 10 de febreiro


Santiago de Compostela, 6 de febreiro 2020. O portal en liña da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, xuventude.net, anunciaba onte a convocatoria de tres intercambios xuvenís:

- Venecia (Italia)
- Título da actividade: ”Venecia, Patrimonio Mundial”
- Entidade de acollida: Polo Técnico Profesionale I.I.S. Vendramin Corner
- Nº de prazas: 20
- Datas de realización: 2-9 xullo 2020
- Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
- A cargo do participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Italia. Nos días anteriores ao inicio do intercambio comunicarase ás persoas participantes o lugar de aloxamento en Venecia.
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
- Actividades previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.

- Tbilisi (Xeorxia)
- Título da actividade: ”Encontro entre culturas”
- Entidade de acollida: Asociación BRIDGE TO EUROPE
- Nº de prazas: 20
- Datas de realización: 13-20 xullo 2020
- Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
- A cargo do participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xeorxia. Nos días anteriores ao inicio do intercambio comunicarase ás persoas participantes o lugar de aloxamento en Tbilisi.
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
- Actividades previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita a Mtskheta, Capital antigua de Xeorxia, o Museo Nacional, a Universidade Agraria, Catedral de Svetitskhoveli, Monasterio de Shiomgvime, Tblisi antiguo. Catedral “Sameba”, Castelo de Narikala, Baños vellos, Igrexa “Sioni”, Visita a Mtasminda e Mama Daviti, entre outros lugares.

- Wakayama (Xapón)
- Título da actividade: ”O Camiño Kumano Kodo irmandado co Camiño de Santiago”
- Entidade de acollida: Prefectura de Wakayama
- Nº de prazas: 20
- Datas de realización: 16-22 xullo 2020
- Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
- A cargo do participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón. 
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
- Actividades previstas: percorrido un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses,  audiencia con autoridades.

O programa Xuventude no mundo 2020 ten coma obxectivo achegar á mocidade galega a outras realidades culturais e lingüísticas. Está orientado a residentes en Galicia de idades de entre 18 e 30 anos no momento de realizarse o intercambio.

Para máis información e inscripcións: Xuventude.net - A Xuventude no Mundo 2020

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante