Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/12/2019

Vive a política europea en primeira persoa co Model European Union Strasbourg

4726F_1575992477__MEUS2020_Tile__version_1.png
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019. O  Model  European  Union  Strasbourg ( MEUS) é unha simulación do proceso lexislativo ordinario europeo na que se reproduce a actividade das dúas institucións vitais para o desenvolvemento da actividade política na UE: o Parlamento Europeo e o Consello.

Durante a semana do 14 ao 21 de marzo de 2020 poderás estar na pel dalgún dos seis actores que traballan nas institucións europeas: membro do Parlamento Europeo ( MEP), Ministro dun país membro no Consello, intérprete, xornalista, fotógrafo ou representante dun grupo de interese. Ao participar nesta actividade non só aumentarás os teus coñecementos sobre os procesos que definen a política europea, tamén terás a oportunidade de mellorar en habilidades como a oratoria, a túa capacidade negociadora e outras habilidades que aplicarás na túa carreira profesional.

Os participantes do  MEUS 2020 terán a dificil tarefa de debater sobre medio ambiente, sustentabilidade e sobre o mercado único dixital. Estes controvertidos temas servirán de eixo central para a actividade, na que cada participante asumirá un rol e deberá defender os intereses da institución á que representa. Durante a simulación discutirase sobre a regulación sobre a emisión de gases para vehículos de pasaxeiros e vehículos lixeiros comerciais, observando os retos aos que se enfrontará a industria. En canto ao mercado único dixital estudaranse as directivas sobre determinados aspectos dos contratos de compravenda  online, buscando solucións para aquelas áreas nas que a lexislación non profundou.

A 14ª edición do MEUS está a ser organizada por 51 voluntarios de 35 países diferentes, que formar parte de  BETA ( Bringing  Eropeans  Together  Association). Esta asociación ten como obxectivo promocionar a participación dos cidadáns europeos máis novos na política de unión.  BETA é politicamente independente e conta con máis de 500 membros en Europa e fóra das fronteiras da UE.

Se tes entre 18 e 27 anos, apaixónache a política e queres participar no  MEUS debes presentar a túa aplicación antes do 15 de decembro na súa páxina web. Se aínda non sabes cal é o rol que máis se adapta aos teus intereses e calidades podes utilizar o  MEUS  sorting  hat, unha ferramenta que MEUS poñe á túa disposición, se es un pouco indeciso.

A taxa de participación no MEUS 2020 é de 160 € para todos os participantes, excepto os residentes en Estrasburgo e os fotógrafos que terán unha tarifa reducida de 75€. Esta cota inclúe os custos de aloxamento e manutención (almorzo, comida e cea), actividades complementarias e o transporte público durante toda a semana. De tódolos xeitos a organización recomenda que os participantes leven cartos en efectivo para cubrir os gastos durante o seu tempo libre. Se non podes custearche a túa participación, non te preocupes! Tes a posibilidade de solicitar a axuda do  MEUS Social  Fund durante o proceso ordinario de inscrición. En calquera caso recomendámosche que leas con atención as condicións de participación e a información que se atopa na páxina web do  MEUS, en particular ás preguntas frecuentes

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante