Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/06/2021

Oportunidades de prácticas na Unión Europea

5355F_1623416641_imaxe_pr__cticas_UE_freepik.jpg
  • Os prazos de inscrición finalizan este mes de xuño.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2021. Desde a Fundación Galicia Europa, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en organismos da Unión Europea, cuxo prazo de inscrición finaliza este mes de xuño.

PRÁCTICAS NAS DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR

As convocatorias en diferentes delegacións do SEAE publícanse de maneira regular na súa páxina web, polo que che recomendamos botarlle unha ollada por se algunha se axusta ao teu perfil!

AUTORIDADE EUROPEA DE VALORES E MERCADOS (AEVM)

A AEVM ten abertas tres convocatorias remuneradas, dirixidas a perfís diferentes:
  • Unha para o seu departamento legal, responsable de ofrecer apoio ao resto de departamentos en materia xurídica. Así, a bolsa diríxese a persoas con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés, ademais doutros méritos que poderán ser tidos en conta como o grao en dereito ou especialización en financiamento comunitario. A duración será de 6 a 12 meses e realizarase na sede de París. 
  • Unha bolsa para o ámbito de mercados financeiros, buscando perfís con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés. Tamén se terán en conta outros méritos, aínda que non son obrigatorios, como unha titulación vinculada ao eido económico, coñecemento sobre mercados financeiros e o emprego de aplicacións de manexo de datos. A duración será de 6 a 12 meses na sede de París. 
  • Unha bolsa de carácter transversal en distintos departamentos, como o de asuntos corporativos ou o de recursos humanos. Polo seu carácter multidisciplinar, os requisitos varían dependendo do posto que se solicite, mais todas as persoas solicitantes deberán ter titulación universitaria e un nivel B2 de inglés. A duración será de 6 a 12 meses e terá lugar na sede de París.
O procedemento será a través da plataforma e-Recruitment.

TRIBUNAL DE CONTAS

O Tribunal de Contas Europeo organiza tres sesións anuais de prácticas formativas en eidos de especial interese para a mocidade, nun período comprendido entre os tres e cinco meses, sendo a presente convocatoria do 1 de outubro de 2022 ao 28 de febreiro de 2022.

Para poder participar neste programa de bolsas, será preciso que as persoas que se postulen cumpran os seguintes requisitos:
  • Ter titulación universitaria. 
  • Posuír a nacionalidade dun dos Estados membro da Unión Europea. 
  • Non ter realizado un período de prácticas nunha institución, órgano ou organismo da Unión Europea, no Banco Central Europeo ou no Banco Europeo de Inversións.
  • Ter un bo coñecemento nunha lingua oficial da Unión Europea e un coñecemento satisfactorio nunha segunda lingua oficial. 
Na seguinte ligazón poderás acceder a toda a información aquí referida así como tamén á solicitude en liña.

A data límite para inscribirse na presente sesión é o 30 de xuño. 

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante