Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/11/2020

Aberto o prazo de inscrición para as bolsas Schuman

5181F_1605096708_youngpeoplediscussingproject_-_freepik.jpg
  • O período de recepción de solicitudes está aberto até o 30 de novembro
Santiago, 11 de novembro de 2020. Un ano máis, o Parlamento Europeo abre o prazo de inscrición para solicitar as bolsas Schuman, dirixidas a mozas e mozos que desexen coñecer o funcionamento diario dunha das institucións máis representativas e importantes da Unión, así como formarse en competencias e habilidades relacionadas co traballo institucional.   

Para inscribirse nestas bolsas, os solicitantes deberán cumprir varios requisitos, como ter máis de 18 anos, posuír a nacionalidade dun Estado membro, haber finalizado unha titulación universitaria, ter un coñecemento profundo de dúas linguas da Unión Europea e non ter desfrutado dunha bolsa en institucións europeas por máis de dous meses consecutivos nin ter realizado unha visita de estudos á Secretaría do Parlamento Europeo nos seis meses anteriores ao comezo das prácticas. 

As bolsas Schuman son remuneradas e poden levarse a cabo nun dos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo, como Bruxelas, Luxemburgo ou Estrasburgo, ou nas oficinas de enlace nos Estados membros.  

Consulta a información sobre o procedemento de inscrición, que finaliza o vindeiro 30 de novembro, na páxina web oficial do Parlamento Europeo


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante