Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/06/2020

Webinar FGE sobre oportunidades de emprego e prácticas na UE o próximo 10 de xuño

4990F_1591379733_Webinar_Facebook_GA.png Ver máis...
¿Queres traballar ou facer unha práctica na Unión Europea? Únete a esta sesión en liña sobre oportunidades de traballo e prácticas na UE. Prazo aberto ata o martes, 9 de xuño, ás 12h (prazas limitadas).

O 10 de xuño ás 16:00 horas, a FGE organiza un seminario web para mozos galegos que desexen traballar nas administracións da UE, facer prácticas nunha das súas institucións ou nas oficinas da Fundación Galicia Europa.

Máis de 40.000 persoas traballan nas institucións, organismos e axencias da Unión da UE. Anualmente, convócanse oposicións co fin de seleccionar persoal para ocupar postos de distintas categorías. Ademais destes empregados fixos, a UE tamén emprega axentes contractuais e temporais. Ao mesmo tempo, existe a posibilidade de realizar prácticas para estudantes e titulados universitarios nas súas institucións, organismos e axencias, co obxectivo de familiarizarse coa administración comunitaria, aumentar a cualificación profesional ou complementar os seus estudos académicos.  Por último, a Fundación Galicia Europa convoca cada ano unha convocatoria de prácticas nas súas dúas oficinas en Bruxelas e Santiago de Compostela.

O webinar terá unha duración aproximada dunha hora e contará coa participación da Unidade de Apoio á Presenza de Españois nas Institucións da Unión Europea da Representación Permanente de España á UE (UDA-REPER), así como de galegos que traballan actualmente nas institucións europeas.

Programa
  • Apertura a cargo da Fundación Galicia Europa
  • Presentación de oportunidades de traballo e prácticas por parte do UDA-REPER
  • Experiencias de galegos nas institucións comunitarias 
Se queres traballar ou facer prácticas na UE, rexístrate aquí e poderás escoitar de primeira man as posibilidades que existen, ademais de facer as túas preguntas. AFORO COMPLETO

Este webinar forma parte da iniciativa #Euroxuventude, froito da colaboración entre a FGE e a Dirección Xeral Xuventude da Xunta de Galicia para informar aos mozos galegos sobre as oportunidades que ofrece a UE. O seminario tamén está dirixido a mozos do norte de Portugal como consecuencia da participación da FGE en varios proxectos de cooperación transfronteiriza no eido da mocidade.

O prazo para inscribirse no webinar remata o martes 9 de xuño ás 12 horas. (prazas limitadas).

Imaxes relacionadas


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante