Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/05/2020

Prácticas en Turín na Fundación Europea de Formación

4951F_1589878053_P035049001002-369341.jpg
A Fundación Europea de Formación (ETF, polas súas siglas en inglés) lanzou unha convocatoria de prácticas en Turín para mozos interesados en educación, formación e emprego que queiran iniciar a súa carreira profesional nunha prestixiosa axencia da UE. As prácticas teñen unha duración de 6 meses prorrogables (máximo 12 meses). Está previsto que os bolseiros se incorporen ás prácticas entre setembro 2020 e xaneiro 2021. 

A Fundación Europea de Formación é a Axencia da UE que presta apoio aos países veciños co fin de reformar os seus sistemas de educación, formación e mercado de traballo.

As prácticas contan cunha dotación mensual de 1.100 euros. Ademais, cobre os gastos de viaxe ao principio e final do período de prácticas.

Requisitos:
  • Nacionalidade de calquera Estado membro da UE ou dun dos 29 países nos que traballa a ETF.
  • Ven de rematar estudos universitarios recentemente, dentro dos 2 anos da data límite para as solicitudes.
  • Ter un bo coñecemento de inglés (mínimo B2).
Non se admitirán solicitudes de persoas que recibisen algún tipo de aprendizaxe ou formación en prácticas en calquera das institucións ou órganos da UE.

O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o día 24 de maio de 2020.

Máis información

Fundación Europea de Formación

Prácticas ETF 2020

Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante