Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/05/2020

Prácticas en Luxemburgo no Tribunal de Contas Europeo

4930F_1589210795_images.jpg
O Tribunal de Contas Europeo organiza tres sesións anuais de prácticas de formación en ámbitos da súa competencia. As prácticas concédense por un período de tres, catro ou cinco meses como máximo, e poden ser remuneradas (1 350 euros mensuais) ou non remuneradas segundo as dispoñibilidades orzamentarias.

O tres sesións de prácticas organízanse cada ano nas seguintes datas:
  • Setembro 2020: o prazo de solicitudes abre o 1 de abril de 2020 e pecha o 31 de maio de 2020.
  • Febreiro 2021: o prazo de solicitudes abre o 1 de setembro de 2020 e pecha o 31 de outubro de 2020.
  • Maio 2021: o prazo de solicitudes abre o 1 de decembro de 2020 e pecha o 31 de xaneiro de 2021.
Poderán ser admitidos a realizar un período de prácticas os candidatos que:
  • posúan a nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea, salvo excepción autorizada pola autoridade facultada para proceder aos nomeamentos;
  • posúan un título recoñecido de nivel universitario ou que dea acceso ao grupo de funcións AD segundo a definición do Estatuto dos funcionarios da Unión Europea, ou que realizasen polo menos catro semestres de estudos universitarios nun ámbito do interese do Tribunal;
  • desexen recibir formación práctica en relación con algún dos ámbitos de actividade do Tribunal de Contas;
  • non efecturaran xa un período de prácticas (remunerado ou non) nunha institución ou nun órgano europeo;
  • declaren posuír un coñecemento profundo dunha lingua oficial da Unión Europea e un coñecemento satisfactorio dunha segunda lingua da Unión Europea.

Os candidatos seleccionados deben presentar un extracto dos antecedentes penais como o utilizado para o acceso á función pública polas autoridades do seu país, e un certificado médico que justifique as súas condicións de aptitude física necesarias para exercer as súas tarefas.

Antes de enviar a súa candidatura, teña en conta a seguinte información importante: 
  • Debido ao elevado número de candidaturas, o Tribunal de Contas Europeo non responde a cada candidato individualmente.
  • Só tramitaranse as candidaturas en liña. Non se aceptarán as candidaturas espontáneas ou os CV enviados por correo, fax ou correo electrónico.
  • O servizo de Recursos Humanos do TCE só porase en contacto cos candidatos seleccionados.
Máis información:

Tribunal de Contas Europeo

Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante