Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/12/2019

As Xornadas LIDERA preparan 14 proxectos transfronteirizos para o seu desenvolvemento e implementación

Sandra Gonzalez Alvarez Alcaldesa de Tomino nas Xornadas LIDERAJPG Ver máis...

Tras unha longa xornada de traballo en Vila Nova de Cerveira (Portugal), un equipo de especialistas en proxectos transfronteirizos impulsou o desenvolvemento de 14 proxectos para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 

Vila Nova de Cerveira, 10 de decembro de 2019. Proseguindo co seu obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo,o proxecto ”Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento novo transfronteirizo”, LIDERA, está a desenvolver as Xornadas LIDERA en Vila Nova de Cerveira. A finalidade desta actividade é a de dar soporte a aquelas persoas que estean a desenvolver un proxecto de cooperación transfronteiriza, especialmente aqueles creados por mozos emprendedores da zona.

Estas xornadas son o resultado de semanas de traballo, nas que unha vintena de especialistas compostos por representantes do Concello de Tomiño, incluíndo á súa alcaldesa Sanda González Fernandez, a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santaigo, a Comunidade Intermunicipal do AVE, a AECT Galicia-Norte de Portugal e consultores especializados no desenvolvemento de proxectos transfronteirizos, estudaron 14 proxectos diferentes. Tras esta fase previa o equipo de expertos pasou a resolver as dúbidas de cada un dos participantes, compartindo o seu coñecemento e achegando solucións para dar forma a cada un dos proxectos presentados.

Esta análise pormenorizada sobre a viabilidade dos proxectos resolveuse co acondicionamento dos mesmos para a súa presentación a aquelas liñas de financiamento europeas específicas para a súa implementación e coa presentación de bolsas para os novos asistentes. Durante os próximos meses LIDERA seguirá traballando en colaboración cos participantes, realizando un seguimento individualizado de cada un dos proxectos, monitoreando a súa evolución e resolución para facilitar a súa implementación efectiva.



Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante