Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/11/2020

Novo curso en liña sobre o Corpo Europeo de Solidariedade

5202F_1606402987_team-of-volunteers-stacking-hands-freepik.jpg
  • Esta formación está aberta á mocidade, de entre 18 e 30 anos, con interese en coñecer en profundidade o funcionamento desta iniciativa europea que permite que a xuventude coñeza outros países e desenvolvan diferentes competencias a través de proxectos de voluntariado
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020. O Portal Europeo da Xuventude anunciou esta semana a posta en marcha dun curso en liña dentro da plataforma do Corpo Europeo de Solidariedade. O curso está dirixido a toda a mocidade, de entre 18 e 30 anos, con interese en coñecer en profundidade o funcionamento desta iniciativa europea. 

A formación componse por cinco módulos con temáticas diferentes, a saber:
  • How do you EU. información sobre o Corpo Europeo de Solidariedade e os valores europeos que fundamentan esta iniciativa.
  • Have it your way. Afondarase nas diferentes posibilidades e oportunidades de voluntariado dentro do Corpo, ademais de obter información práctica sobre como dar comezo a esta experiencia.
  • A whole new world. Este módulo engloba toda aquela formación relacionada coa adaptación a novos contextos interculturais e as maneiras de comunicarse.
  • The journey continues. As oportunidades non finalizan co Corpo Europeo de Solidariedade, polo que neste apartado farase fincapé nas posibilidades que esta iniciativa abre para o teu futuro.
  • Broaden your horizons. En último lugar, achéganse múltiples opcións formativas en varios eidos como liderado, fundraising, activismo...
Para poder acceder ao curso, é necesario inscribirse na plataforma do Corpo Europeo de Solidariedade. 

Corpo Europeo de Solidariedade

O Corpo Europeo de Solidariedade (CES) é un programa da Unión Europea que ten como obxectivo crear oportunidades para que a xuventude participe como voluntaria ou colabore en proxectos de diferentes temáticas, como cultura, medio ambiente, educación non formal, inclusión social, información xuvenil...

Este tipo de actividades ofrece á mocidade a oportunidade de amosar solidariedade e compromiso coas distintas comunidades e axudar a resolver situacións complexas en toda Europa.

Fonte: European Solidarity Corps General Online Training available!


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante