Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/04/2020

PARTICIPA NO HACKATHON PANEUROPEO PARA DESENVOLVER SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARA SUPERAR OS RETOS SOCIAIS RELACIONADOS CO CORONAVIRUS

4888F_1587478646_Pan-EUHackathon.jpg

O hackathon ou tormenta de ideas, ou solucionador de problemas  é unha boa oportunidade de colaboración¡¡¡¡¡ PARTICIPA¡¡¡¡

A Comisión Europea e os Estados membros da UE lanzaron un chamamento á participación nun Hackathon paneuropeo para conectar a innovadores, socios e compradores de toda Europa para desenvolver solucións innovadoras ao coronavirus. O Hackathon, liderado polo Consello Europeo de Innovación (EIC), terá lugar os días 24, 25 e 26 de abril e estrutúrase ao redor de categorías de problemas que necesitan solucións a curto prazo en relación coa saúde e a vida coronavirus, a continuidade empresarial, o traballo e a educación a distancia, a cohesión social e política, as finanzas dixitais e unha categoría aberta para outros desafíos.

Síntete potenciado para ser creativo

Mariya Gabriel, Comisaria Europea de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Mocidade, declarou: “Este hackaton paneuropeo é un exemplo de como Europa pode unirse en tempos de crises. É inspirador presenciar esta mostra de solidariedade por parte da nosa comunidade de innovadores. As nosas mentes máis talentosas farán todo o posible para atopar solucións ao coronavirus e apoiar aos nosos cidadáns. Esta é a innovación europea en acción.

Participan os 27 Estados membros da UE, así como Noruega, Israel, Suíza, Turquía, Ucraína e o Reino Unido. Convidarase as solucións gañadoras a unirse a unha plataforma do Consello Europeo de Innovación  que facilitará as conexións cos usuarios finais (por exemplo, hospitais) e proporcionará acceso a investidores, fundacións e outras oportunidades de financiamento de toda a Comisión Europea.

Podes hackealo? Rexístrese agora no sitio web de EUvsVirus Hackathon para ser parte da solución!


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante