Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/04/2020

Premio literario - NORTEAR: Mocidade escritora del norte de Portugal - Galicia

4917F_1588265140_P033428003802-930419.jpg
O premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Rexional de Cultura do Norte (Portugal), dá Consellería de Cultura e Turismo ? Xunta de Galicia (España) e dá Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.
  • O premio vai dirixido a todas as persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e 36 anos.
  • As obras deberán ser enviadas por correo postal a: Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal Edificio CETMAR, Rúa Eduardo Cabello, s/n 36208 BOUZAS – VIGO (arodrigues@gnpaect.eu)(arodrigues@gnpaect.eu)
  • Serán adminitas no concurso todas as obras presentadas até o 30 de xuño de 2020 (inclusive).
  • O premio ten unha dotación económica de 3 000 euros. 
Bruxelas, 30 de abril de 2020. A Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), a Consellería de Cultura e Turismo – Xunta de Galicia (España) e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal convocan unha iniciativa conxunta: o premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia 

O premio ten como obxectivos: promover a aparición de novos escritores; incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción; incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal; destacar, anualmente, obras literarias orixinais e promover a circulación e distribución de obras literarias máis aló das fronteiras. 

Poderán participar no premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto. Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega. 

O premio ten unha dotación económica de tres mil euros (1.500€ por parte da Dirección Xeral de Políticas Culturais e 1500€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte) para o gañador. Esta cantidade estará suxeita á retención á conta dos impostos que correspondan (IRPF ou outros). 

As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia, ademáis os promotores realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal. 

Xúntanse as bases co regulamento.


Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante