Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/12/2020

A nova Bauhaus como ferramenta para a recuperación económica de Europa

5220F_1607633310_Nova_Bauhaus.jpg
  • Compaxinará o desenvolvemento do Pacto Verde Europeo con iniciativas concretas que se centren la resiliencia urbana, a inclusión, a dixitalización, a economía circular, a arquitectura ou o urbanismo para mellorar a vida dos cidadáns nos núcleos urbanos europeos.
  • A iniciativa foi presentada en Sevilla polo Comité Europeo das Rexións, a Comisión Europea e o JRC.
Bruxelas, 10 de decembro 2020- Desde a saída á luz do Pacto Verde Europeo a finais de 2019, as prioridades da axenda da Comisión Europea focalizáronse nesta nova estratexia de crecemento económico sostible. En liñas xerais, o Pacto Verde pretende que os territorios europeos se transformen para acadar un novo modelo económico baseado na sostibilidade, en combater as desigualdades sociais e en empregar os avances tecnolóxicos para impulsar a economía.

No discurso sobre o Estado da Unión, a presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, deu a coñecer a Bauhaus europea, unha nova iniciativa que ten o obxectivo de “converterse nunha ponte entre o mundo da ciencia e a tecnoloxía e o mundo das artes e a cultura”. Inspirándose no lema da antiga Bauhaus –“a arte e a tecnoloxía crean a ova unidade”- a nova iniciativa Bauhaus pretende fusionar a arte e a tecnoloxía, esta vez da man da sostibillidade e do Pacto Verde Europeo, para mellorar substancialmente a vida dos cidadáns.

A comezos de decembro presentouse en Sevilla a nova Bauhaus por parte da Comisión Europea, o Comité Europeo das Rexións e o Centro Común de Investigación (JRC, polas súas siglas en inglés), A xornada tamén contou coa intervención da presidenta da Comisión Europea, que animou a que “cada rexión, cidade ou comunidade forme parte deste movemento” en paralelo, celebráronse dúas mesas redondas nas que participaron numerosos expertos europeos que expuxeron as liñas de traballo que se deben executar nas grandes cidades para o cumprimento dos obxectivos da nova Bauhaus europea.

A nova Bauhaus europea levará a cabo unha ola de renovación que non só afectara ós sectores económico, tecnolóxico e medioambiental, senón que tamén incluirá o desenvolvemento cultural e social, dando una gran importancia ó proceso creativo. Neste sentido, a nova Bauhaus desenvolverase cun enfoque interdisciplinar que promoverá a participación de toda a cidadanía, dende expertos en innovación, enxeñeiros e técnicos ata ós axentes activos dos ecosistemas industriais, inversores públicos e privados, así como ó resto de partes interesadas.

A Comisión Europea pretende aproveitar os fondos do instrumento temporal de recuperación “NextGenerationEU para financiar a ola de renovación, mais aínda non existen datos sobre como se financiarán o resto de accións precisas para lograr que a Bauhaus aumente a resiliencia e a sostibilidade dos núcleos urbanos en Europa a longo prazo.

Ademais, cobra especial relevancia a coordinación entre os obxectivos europeos e o saber facer local e rexional. Neste sentido, os gobernos locais e rexionais son os que están máis cerca da cidadanía Europa e por iso, son os que poden apoiar de maneira máis activa a participación dos cidadáns así como conseguir a aceptación e o recoñecemento cidadán que a Bauhaus precisa.

Deste xeito, os entes locais e rexionais cobra una posición moi importante á hora de co deseñar e poñer en marcha a nova Bauhaus. Neste contexto, é importante destacar o Pacto de Alcaldes, no que diferentes alcaldes europeos recoñecen o compromiso conxunto e voluntario de mellorar a eficiencia enerxética e empregar fontes de enerxías renovables nos seus municipios .

En consecuencia, pódese entender que a Bauhaus europea establécese como un proxecto de reflexión colectiva que pon no centro o benestar do cidadán. Ademais, a ambición da nova Bauhaus é fomentar a creatividade, a innovación e a imaxinación para aumentar a resiliencia dos núcleos urbanos europeos a longo prazo. Entre numerosas actividades, a Bauhaus pretende:

  • Remodelar e crear edificios enerxeticamente sostibles. Esta idea vai máis aló da necesidade de mellorar o illamento térmico das vivendas. De feito, busca que os edificios sexan universalmente accesibles e asumibles (respondendo ó crecente problema de vivendas moi caras debido á subida de presos nas zonas urbanas)
  • A recuperación de edificios abandonados.
  • A mobilidade sostible (transporte verde, carrís-bicicleta seguros)
  • O aproveitamento, reciclaxe, e circularidade dos recursos e materiais de construción (por exemplo, retomar o uso da madeira na construción)
  • A creación de cidades intelixentes.
  • O uso das enerxías renovables.
  • A agricultura urbana (hortas urbanas)
  • Reforzar o vínculo coa natureza (máis espazos verdes nas cidades)
  • Dar prioridade a unha abordaxe holística da Bauhaus que teña en conta as opinión da industria, o liderado público e privado e da cidadanía en xeral.

Cabe destacar a necesidade de manter una comunicación aberta e fluída entre as diferentes cidades, rexións e núcleos locais europeos, con un espazo para compartir as experiencias e as boas prácticas. Por iso, o JRC creou una plataforma dixital na que difundir os avances sobre esta nova iniciativa, na que se inclúe, por exemplo, o novo Marco para edificios sostibles  publicado pola Comisión Europea en outubro como guía para axudar a deseñar e construír edificios sostibles en todo o seu ciclo de vida. 

En definitiva, a nova Bauhaus fomentará a transformación do tecido industrial xa existente para que as cidades europeas sexan máis inclusivas, sostibles e resilientes ó tempo que mantén a beleza, a cultura e o patrimonio do que xa dispón.

Máis información

Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante