Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/11/2007

O presidente de Xunta de Galicia e presidente da Fundación Galicia Europa empraza ás rexións europeas con competencias lexislativas a asegurar a proximidade das institucións europeas á cidadanía

Bruxelas, 19 de novembro. Emilio Pérez Touriño interveu en Barcelona, o pasado día 16, na VIII Conferencia de Presidentes de Rexións con Poder Lexislativo (REGLEG), ocasión que aproveitou para resaltar que o novo Tratado, adoptado en Lisboa, reforza a dimensión rexional e cidadá da Unión Europea. Está é a segunda vez que Touriño participa nesta conferencia logo da súa asistencia, hai dous anos, á Conferencia celebrada na cidade alemana de Múnic.

O presidente realizou tamén unha valoración sobre o Tratado de Lisboa, do cal dixo que reforza a dimensión rexional e cidadán da Unión Europea. Malia esta consideración, Emilio Pérez Touriño considerou que este tratado “non colma algunhas das nosas aspiracións” tales como a consulta directa, o acceso directo ao Tribunal de Xustiza, ou a mellor protección das linguas propias.

O presidente da Xunta resaltou tamén, no decurso da súa intervención, que “para os cidadáns de Galicia, Europa é igual a paz, democracia, solidariedade, cohesión territorial e social, respecto a diversidade lingüística e cultural, calidade de vida, desenvolvemento económico compatible co benestar social e coa protección ambiental”.

Así, indicou que a “imaxe de Europa en Galicia é positiva” tal e como se puxo de manifesto no referendo celebrado no seu día en relación ao Tratado Constitucional europeo, que foi refrendado na Comunidade Autónoma co “81,30 por cento dos sufraxios emitidos”.

En relación coa Declaración debatida polos presidentes das rexións que forman parte de REGLEG o presidente destacou que “é o recoñecemento dun éxito: o éxito que significa que o novo Tratado de Reforma, aprobado recentemente en Lisboa, recolla boa parte das nosas reivindicacións reflectidas ano a ano nas sucesivas declaracións”. Segundo asegurou, a Declaración “que temos diante” recolle fielmente que o Tratado de Lisboa “é un magnífico exemplo de pragmatismo sen menoscabo do idealismo que o proxecto europeo require”.

Ademais, Pérez Touriño asegurou que “o texto da Declaración fai un acertado chamamento a prol de aproveitar ao máximo as oportunidades que ese novo Tratado nos ofrece en función das peculiaridades de cada cal”. “O Tratado de Reforma abre perspectivas de actuación, non impón modelos unificadores”, engadiu.

Por último, Pérez Touriño considerou que “hoxe se pecha unha primeira e frutífera etapa na historia de REGLEG” e indicou que “está nas nosas mans conseguir que as rexións que representamos estean á altura do momento que vivimos a prol do proxecto europeo e dos lexítimos intereses de todos e cada un de nós”.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante