Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/12/2006

O PLENO DO CdR APROBA O DICTAME DE SANZ ALONSO SOBRE A REFORMA DO SECTOR VITIVINÍCOLA

O Comité das Rexións aprobou por maioría, na súa Sesión Plenaria de decembro, o ditame de Sanz Alonso, Presidente da Comunidade de A Rioxa, sobre a reforma do mercado vitivinícola.

A principal premisa do informe é a recomendación de aumentar as medidas e os fondos destinados á promoción do viño europeo e á mellora da súa calidade, con vistas a gañar mercados e obter unha vantaxe cualitativa fronte ós productos de terceiros países. Así, o poñente considera que o presuposto actual da OCM do viño non debería reducirse, senón que é preciso que se manteñan os niveis actuais de apoio da UE ó sector.

Por outra parte, Sanz Alonso móstrase tallante á hora de rexeitar as propostas de incentivar o arranque ou a destrución de 400 mil hectáreas de viñedo, e indica que os cambios da nova OCM deben ser introducidos dunha maneira gradual. No que respecta á proposta do “sobre nacional”, pide cautela para que non de lugar a unha renacionalización do sector e que estes fondos sexas distribuídos de acordo ó principio de subsidiariedade. Finalmente, o ditame quere resaltar o papel que xogan os productores de viño en canto á protección e o deseño do medio ambiente rural, mentres critica á Comisión Europea polo seu enfoque produtivista.

O ditame recibiu numerosas emendas (52 en total), nas que se podían apreciar as diferencias entre países productores e non productores. Mentres os Estados membros do norte trataban de eliminar referencias ós efectos beneficiosos do consumo moderado de viño na saúde e recalcar o problema do alcoholismo, os países do sur protexían os seus intereses. Unha gran parte das emendas viña de rexións españolas: propostas polas comunidades de Aragón, Estremadura, Castela a Mancha (e País Vasco en menor medida), avogábase polo recoñecemento de diferentes formas de destilación (aprobado), pola oposición ó arranque en zonas de baixo rendemento (aprobado), pola inclusión de información sobre a variedade e o ano de colleita de viños sen IG (rexeitada) e, especialmente, pola autorización de incorporar prácticas enolóxicas da OIV (rexeitado).

A quinta comunidade en presentar modificacións ó texto foi Galicia, con dúas propostas de emenda (apoiando ademais a maioría das españolas). Galicia logrou incluír no dictame final unha referencia expresa ó desacordo do CdR sobre “a falta de referencia explícita á viticultura en forte pendente, que xenera maiores custes, pola súa contribución á conservación do medio ambiente e á creación da paisaxe e do turismo rural”.

A Comisión Europea presentou a súa primeira proposta de reforma do sector vitivinícola en xuño deste ano e deberá entregar as súas propostas lexislativas en febreiro de 2007, se ben parece que a súa proposta final podería adiarse ata o verán de 2007 . Os excedentes de producción, provocados en parte por unha diminución do consumo, e a perda de cotas de mercado do sector están na raíz da reforma que quere levar a cabo a UE.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante