Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/05/2020

A presidenta da Comisión Europea expón as principais características do Plan de Recuperación para Europa

4946F_1589554968_UVL.jpg
Ursula von der Layen, presidenta da Comisión Europea, pronunciou un discurso durante a Sesión Plenaria do Parlamento sobre o novo Marco Financeiro Plurianual (MFP), os recursos propios e o Plan de Recuperación, expoñendo a arquitectura e as características principais do Plan de Recuperación para Europa, que será presentado proximamente.

Bruselas, 15 de maio de 2020- A Comisión Europea está traballando nun Plan de Recuperación para Europa que conta con medidas que se centrarán en dous elementos fundamentais: 

1) O Marco Financeiro Plurianual 

2) Un instrumento de recuperación financiado cunha marxe máis ampla. Esta marxe fixa o importe máximo dos cartos que a Comisión Europea poderá obter, en forma de préstamos, nos mercados de capitais coa garantía dos EEMM. Ademais: 

  • Incluirá subvencións. 
  • Incluirá tamén a posibilidade de concentrar nas etapas iniciais parte do investimento, mesmo neste mesmo ano, empregando modelos financeiros de eficacia probada baseados en garantías nacionais. 
 
A totalidade dos fondos de recuperación canalizaranse a través de programas da UE e o gasto repartirase en tres pilares: 

Pilar I: axuda á recuperación dos Estados membros tras a crise 

  • A maior parte dos fondos serán gastados neste primeiro pilar, sobre a base dunha nova ferramenta de recuperación e resiliencia creada para financiar o investimento e as reformas públicas esenciais en consonancia coas prioridades europeas (neutralidade climática, transición dixital) 
  • Levarase a cabo no marco do Semestre Europeo. 
  • Estará a disposición de todos os EEMM (formen ou non parte da zona euro) e centrarase nas partes da UE que se vexan máis afectadas e nas que as necesidades relacionadas coa resiliencia sexan maiores. 
  • A Comisión Europea propón unha asignación complementaria para a cohesión, que será superior ó orzamento normalmente dedicado á cohesión no Marco Financeiro Plurianual. Este complemento asignarase en función da gravidade do impacto económico e social da crise. 

Pilar II: reactivación da economía e axuda ó investimento privado 

  • Reforzarase InvestEU. 
  • Proporase a creación dun Instrumento de Investimento Estratéxico que axudará a investir nas cadeas de valor claves e cruciais para unha autonomía estratéxica en, por exemplo, o sector farmacéutico. 
  • Proporase a creación dun novo Instrumento de Solvencia, o que axudará á satisfacer as necesidades de recapitalización das empresas saudables que se atopen en situación de risco debido ó confinamento. 

Pilar III: extracción das leccións máis inmediatas da crise  

  • Reforzaranse os programas que demostraron o seu valor durante a crise, como, por exemplo, rescEU ou Horizonte Europa. 
  • Proporase a creación dun novo Programa de Saúde específico. 



Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante