29/11/2019
O Consello Europeo nomea á nova Comisión presidida por Ursula Von der Leyen
- Josep Borrell, representante de España no novo Colexio de Comisarios, desempeñará os cargos de Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e de Vicepresidente.
Bruxelas, 29 de novembro de 2019. O Consello Europeo nomeou na xornada de hoxe en Bruxelas, mediante procedemento escrito, á nova Comisión Europea para o período comprendido entre o 1 de decembro de 2019 e o 31 de outubro de 2024.
A nova Presidenta da Comisión será Ursula von der Leyen (Alemaña) e o Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade será Josep Borrell (España), quen tamén será un dos Vicepresidentes da Comisión (seguindo o recollido no artigo 18, apartado 4, do TUE).
Os outros membros da Comisión serán:
- Thierry BRETON (Francia)
- Helena DALLI (Malta)
- Valdis DOMBROVSKIS (Letonia)
- Elisa FERREIRA (Portugal)
- Mariya GABRIEL (Bulgaria)
- Paolo GENTILONI (Italia)
- Johannes HAHN (Austria)
- Phil HOGAN (Irlanda)
- Ylva JOHANSSON (Suecia)
- Věra JOUROVÁ (República Checa)
- Stella KYRIAKIDES ( Chipre)
- Janez LENARČIČ (Eslovenia)
- Didier REYNDERS (Bélxica)
- Margaritis SCHINAS (Grecia)
- Nicolas SCHMIT (Luxemburgo)
- Maroš ŠEFČOVIČ (Eslovaquia)
- Kadri SIMSON (Estonia)
- Virginijus SINKEVIČIUS (Lituania)
- Dubravka ŠUICA (Croacia)
- Frans TIMMERMANS (Países Baixos)
- Jutta URPILAINEN (Finlandia)
- Adina VĂLEAN ( Rumania)
- Olivér VÁRHELYI (Hungría)
- Margrethe VESTAGER (Dinamarca)
- Janusz WOJCIECHOWSKI (Polonia)
A ratificación de hoxe do Consello dos xefes de Estado e de Goberno dos Estados membros responde así á aprobación por parte do Parlamento Europeo da nova Comisión Europea como órgano lexislativo da UE o pasado 27 de novembro de 2019.
Así o dispón o Tratado da Unión Europea (TUE), no Apartado 7 do artigo 17: "O Presidente, o Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e os demais membros da Comisión someteranse no seu conxunto ao voto de aprobación do Parlamento Europeo. Sobre a base desta aprobación, o Consello Europeo nomeará á Comisión por maioría cualificada".
Desta forma, a nova Comisión poderá comezar o seu mandato o vindeiro 1 de decembro de 2019.