Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/07/2015

Aberto o prazo para rexistrarse nos Open Days 2015, a Semana Europea das Rexións e as Cidades

3527F_1436785181_OD2015.png

  • Nesta 13º edición, que se celebrará entre o 12 e o 15 de outubro, participarán 177 rexións de ata 30 países

Bruxelas, 13 de xullo de 2015.- O prazo para inscribirse nos Open Days 2015, a Semana Europea das Rexións e as Cidades xa está aberto. Este ano a 13º edición deste evento, que suporá a celebración de máis de 100 obradoiros e debates en Bruxelas, celebrarase entre o 12 e o 15 de outubro.

Este ano e baixo o lema “Rexións e cidades de Europa: socios para a inversión e o crecemento”, o programa está estruturado en tres temáticas: modernizando Europa, rexións abertas para o negocio, lugares e espazos. Nesta edición participan 177 rexións e cidades de 30 países agrupadas en 21 consorcios, 11 direccións xerais da Comisión Europea, numerosas redes, asociacións e outros representantes institucionais.

A Fundación Galicia Europa coordina a participación de Galicia nos Open Days 2015. Nesta edición a FGE xestiona a participación galega en dous consorcios que organizarán varios seminarios. O primeiro deles baixo o título “Oportunidades para o cambio demográfico: servizos públicos e desenvolvemento económico en áreas con desafíos demográficos” (seminario 14C04) composto por 12 rexións: Castilla e León, Dorset (Reino Unido), Norte de Portugal, Baixa Normandía (Francia), Aragón, Centro de Portugal, Mecklenburg-Vorpommern, Castilla La Mancha, Municipalidad Metropolitana de Mugla (Turquía), Västra Götaland (Suecia) e Achterhoek (Holanda).

O segundo, no que participa a Deputación da Coruña titulado “A integración e o desenvolvemento das áreas rurais e urbanas en Europa” (seminario 14C10) e no que participan 11 rexións: Véneto (Italia, Istria (Croacia), Provincia de Nordland (Noruega), Opolskie (Polonia), Kuwawsko-Pomorskie (Polonia), Lazio (Italia), Basilicata (Italia), Distrito de Lamia (Grecia), Provincia Zeeland (Holanda), Highlands and Islands (Reino Unido), Ciudad de Braga (Portugal) e a Provincia de A Coruña.

Celebrarase unha sesión inaugural o día 12, ademais do taller Open Days University e o Open Urban Day, centrado na dimensión urbana das políticas da UE.

Pódese consultar xa a lista completa de talleres e debates e rexistrarse aquí. 

Con motivo da celebración dos Open Days, este ano o Comité das Rexións ofrece un curso en liña masivo e aberto (MOOC polas súas siglas en inglés) sobre “Rexións europeas, institucións e lexisladores”. Durante 8 semanas, máis de 50 políticos, expertos e académicos compartirán a súa experiencia en temas como a Política de Cohesión, a especialización intelixente, a migración ou o acceso a programas de financiamento. Poderá seguirse o curso a través de vídeo e debates en directo a través do portal web, ademais de numerosa documentación. Máis información aquí. 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante